Gerda Lerner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerda Lerner

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Gerda Hedwig Kronstein Editar o valor em Wikidata
30 de abril de 1920 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2013 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Madison, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Presidenta Organization of American Historians (en) Traducir
1981 – 1982 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1943–)
Austria
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
The New School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora , guionista , autobiógrafa , escritora , profesora universitaria , educadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin-Madison (1980–)
Sarah Lawrence College (en) Traducir (1968–)
Universidade Duke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista dos Estados Unidos da América (pt) Traducir (1946–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeCarl Lerner
Premios

Páxina webgerdalerner.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0503613 iTunes: 382976236 Editar o valor em Wikidata

Gerda Hedwing Lerner, co apelido de solteira Kronstein, nada en Viena o 30 de abril de 1920 e finada en Madison (Wisconsin) o 2 de xaneiro de 2013, foi unha historiadora e escritora estadounidense. Ademais das súas numerosas publicacións académicas, escribiu poesía, ficción, pezas de teatro, guións e unha autobiografía. Foi presidenta da Organización Americana de Historiadores entre 1980 e 1981, e en 1980 foi nomeada profesora de Historia na Universidade de Wisconsin-Madison, onde deu clases até retirarse en 1991.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Foi a primeira filla de Llona (de solteira Neumann) e Robert Kronstein, unha adiñeirada familia xudía. O seu pai foi un farmacéutico e a súa nai artista, coa que Gerda, segundo conta na súa autobiografía, tiña unha relación tensa. Despois da anexión de Austria en 1938, Kronstein chegou a involucrarse coa resistencia antinazi. Foi encarcerada seis semanas.[1][2]

A súa familia puido emigrar de Austria porque o seu pai abrira unha filial do negocio familiar en Liechtenstein, onde se asentou. A súa nai trasladouse a Francia e a súa irmá recolocouse en Palestina. En 1939, Gerda inmigró aos Estados Unidos co apoio da familia do seu noivo socialista, Bobby Jensen, con quen casaría máis adiante.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Lerner foi unha das fundadoras da rama de Historia das mulleres. En 1963, mentres estaba a estudar na Nova Escola de Investigacións Sociais, impartiu o curso “Grandes mulleres na historia americana”, considerado como o primeiro curso universitario regular impartido nesta materia.[3]

Impartiu clases en Long Island University desde 1965 até 1967. Na Universidade Sarah Lawrence, onde Lerner ensinou desde 1968 até 1979, estabeleceu o primeiro mestrado en Historia das mulleres, e introduciu o primeiro programa de doutoramento sobre o tema na Universidade de Wisconsin-Madison. Tamén traballou na Universidade de Duke e na Universidade de Columbia.

Morreu o 2 de xaneiro de 2013 en Madison (Wisconsin) á idade de 92 anos.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou por segunda vez con Carl Lerner (1912-1973) un director de teatro que era membro do Partido Comunista dos Estados Unidos.[2]

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • Black Women in White America: un documental publicado en 1972. Nel rexístrase a historia dos 350 anos en que as mulleres negras foron tratadas como propiedade e describe unha gran gama de efectos da trata de escravos. Foi un dos primeiros libros en detallar as contribucións das mulleres negras á historia.
  • The Creation of Feminist Consciousness: foi publicado en 1993, o libro traza as orixes da dominación patriarcal dous milenios atrás.
  • The Creation of Patriarchy en 1986, volume I de Mulleres e Historia: esta obra traza as orixes da dominación patriarcal desde a prehistoria. Lerner achega evidencia histórica, arqueolóxica, literaria e artística para soster a idea de que o patriarcado é unha creación cultural. Na devandita obra, a autora desenvolve as seguintes propostas principais, baseándose en estudos do Próximo Oriente:[5]
    1. A subordinación da sexualidade feminina, como medio de produción de poboación, precedeu á institucionalización e xeneralización da propiedade privada. Por tanto, a emancipación da muller, desde un punto de vista histórico marxista, non pode quedar subxugada á abolición da propiedade privada, senón que debe situarse na centralidade da axenda política.
    2. Existe unha relación clara entre a aparición do estado e o heteropatriarcado.
    3. A subordinación feminina dentro dos primeiros grupos sociais patriarcales serviu de modelo para a institucionalización da escravitude. As primeiras escravas de guerra foron principalmente mulleres, procedentes das poboacións vencidas. A ampliación da escravitude aos homes produciuse con posterioridade.
    4. Os estados, mediante a creación de diferentes códigos xurídicos, reforzarían o control patriarcal sobre a sexualidade feminina.
    5. Dentro do colectivo masculino, a pertenza a unha clase social determinada dependeu do acceso aos medios de produción. Con todo, dentro do colectivo feminino, a pertenza a unha clase social determinada dependeu da submisión sexual cara ao colectivo masculino. Para iso, articuláronse ferramentas diversas que abarcan desde o matrimonio burgués, até a prostitución, pasando polo concubinato, dando lugar a unha división clasista entre mulleres respectábeis e non respectábeis.
    6. Os cambios na superestrutura ideolóxica, que acompañaron as modificacións nas condicións económico-sociais das mulleres, producíronse moito despois e de forma progresiva. Estes cambios significaron a caída da Deusa Nai e o xurdimento dun monoteísmo patriarcal, atravesando etapas de politeísmo nas que as deusas foron perdendo poder dentro das súas respectivas teogonías.
    7. Primeiramente, a función de controlar a fertilidade deixará de depender exclusivamente da Deusa Nai, entrando en xogo figuras masculinas, tanto divinas como reais. A función procreadora quedará separada da actividade sexual. A Deusa Nai converterase en consorte do principal deus masculino.
    8. Co monoteísmo hebreo, un novo Deus omnipresente e todopoderoso apropiarase non só da capacidade creadora, senón tamén da función feminina de procreación. A sexualidade feminina, máis aló das funcións reprodutivas, quedará demonizada.
    9. A alianza entre Deus e a comunidade de crentes será unha alianza masculina e patriarcal. As mulleres quedarán física e simbolicamente excluídas, podendo só participar a través do seu papel como nais.
    10. Finalmente, á metáfora hebrea sumarase a filosofía sexista aristotélica. Desta forma, filosofía e relixión conformarán unha alianza machista, consolidando o patriarcado occidental. A subordinación feminina quedará naturalizada e, por tanto invisibilizada.
  • The Creation of Feminist Consciousness: From the Middle Ages to 1870 (1994). Segundo volume de Mulleres e Historia. Este libro revisa a cultura europea desde o sétimo até o noveno século, mostrando as limitacións impostas pola cultura masculina dominante e o esporádico intento de resistir esa dominación. Examina en detalle a exclusión da educación da muller e o seu illamento de moitas das tradicións das súas sociedades.
  • Fireweed: A Political Autobiography (2003): é un reconto detallado sobre a súa vida.

Lerner recibiu moitos premios polos seus libros, incluído o premio Bruce Catton pola traxectoria en ensaio histórico da Sociedade de Historiadores Americanos e o galardón do libro especial da Conferencia Bershire de Mulleres Historiadoras.[6]

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • Singing of Women (1951, en colaboración con Eve Merriam)
Guións
  • Prayer Pilgrimage for Freedom (1957)
  • Black Like Me (1964)
  • Home for Easter
Libros
  • No Farewell (1955): autobiografía
  • The Grimké Sisters from South Carolina: Rebels against Authority (1967)
  • The Woman in American History [ed.] (1971)
  • The Female Experience: An American Documentary (1976)
  • A Death of One's Own (1978/2006)
  • The Majority Finds Its Past: Placing Women in History (1979)
  • Teaching Women's History (1981)
  • Women's Diaries of the Westward Journey (1982)
  • Scholarship in Women's History Rediscovered & New (1994)
  • Why History Matters (1997)
  • Living with History/Making Social Change (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pioneering feminist Lerner, UW professor dies". 
  2. 2,0 2,1 "Making History Her Story, Too". 
  3. "Gerda Lerner, Austrian-born American writer and educator". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-03-24. 
  4. "Gerda Lerner, a Feminist and Historian, Dies at 92". 
  5. "Introducción". La Creación del Patriarcado (PDF). Crítica. ISBN 84-7423-474-3. 
  6. Society of American Historians (Sociedad de Historiadores Americanos). "Bruce Catton Prize".