Gerardo Torreiro López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerardo Torreiro López
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1905 Editar o valor em Wikidata
Santiso, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gerardo María Torreiro López, nado en Santiso o 31 de xullo de 1905[1] e finado en Arzúa o 16 de decembro de 1979, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

estivo emigrado en Cuba coa súa familia onde traballou como dependente dunha tenda de ultramarinos e na sucursal dun banco norteamericano. Retornou a Santiso aos 15 anos. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1929.[2] Foi mestre interino en Enquerentes (Touro) (1929).[3] Despois foi mestre de Fonxe (Arzúa). Militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro de Arzúa en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Destituído como mestre. Fuxiu a Francia no bou Tiburón. Abríronlle unha causa en Ferrol por rebelión militar, e foi declarado fuxido e en rebeldía. En 1940 vivía na Coruña e como resultado da depuración foi condenado a dous anos sen soldo e destinado fora da provincia. Foi destinado a Matarrosa, no concello de Toreno (O Bierzo). Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[4] En 1949 volveu a Arzúa para facerse cargo da escola de Rendal. Finou en Arzúa o 16 de decembro de 1979.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 41. 
  2. El Eco de Santiago, 2-6-1929, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 17-11-1929, p. 5
  4. BOE, 15-9-1942, p. 3618-3619.
  5. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-12-1979, p. 60.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lanero Táboas, Daniel (2006). Concello, ed. Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa. pp. 154–155. ISBN 84-606-4054-X. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]