Georgi Gapón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gueorgui Apolónovich Gapón

Gueorgui Apolónovich Gapón (en ruso: Георгий Аполлонович Гапон), nado no ano 1870 e finado o 10 de abril de 1906 foi un sacerdote ortodoxo e un lider da clase obreira rusa antes da Revolución rusa de 1905, foi a cabeza visibel da manifestación que rematou na matanza do Domingo sanguento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gapón era fillo dun granxeiro de boa situación económica da rexión de Poltava, e foi educado nun seminario. Casouse en 1896 e, trala morte da súa esposa en 1898, trasladouse a San Petersburgo e graduouse alí na academia de teoloxía no ano 1903.

O xa Pai Gapón organizou a Asamblea de Obreiros Industriais rusos de San Petersburgo, organización auspiciada polo Departamento de Policía e pola Ojrana, policía segreda do réxime tsarista. Os obxetivos da asamblea eran defender os dereitos dos traballadores e aumentar a moral e fé relixiosa e so os de membros de confesión ortodoxa podían aceder aos seus cargos. Pronto a organización acadou os 8000 membros e Gapón tratou extender a súa presenza a Kiev e Moscova.

Dende finais de 1904 esta Asamblea e o propio Gapón comezaron a colaborar con radicais que defendían a abolición da autocracia tsarista.

O 9 de xaneiro (segundo o calendario xuliano)/22 de xaneiro (segundo o calendario gregoriano), un día despois de que comezara a folga xeral en San Petersburgo, Gapón organizou unha marcha obreira co fin de entregar unha misiva ao Tsar Nicolás II, esta marcha totalmente pacífica rematou ca masacre denominada Domingo Sanguento, na que as tropas tsaristas dispararon contra os manifestantes por orde do Gran Duque Vladímir Aleksándrovich matando 200 persoas, entre as que había mulleres e nenos.

Tras estos sucesos Gapón excomulgou ao Tzar e animou aos traballadores a que actuaran contra o réxime, polo que tivo que fuxir ao estranxeiro, dende onde mantivo estreita relación co Partido Social-Revolucionario. Tralo Manifesto de Outubro emitido polo Tsar regresou a Rusia, onde continuou a súa relación ca Ojrana.

Sospeitoso de ser un axente provocador infiltrado nas filas revolucionarias por aforcado no ano 1906 nunha cabana finlandesa a mans de Pinhas Rutenberg, quen no pasado marchara con el no Domingo Sanguento e executando así unha sentenza de morte emitida pola dirección do Partido Social-Revolucionario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]