George Peppard
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
George Peppard (nado en Detroit o 1 de outubro de 1928 e finado nos Ánxeles, o 8 de maio de 1994) foi un actor de cine e televisión estadounidense.
Índice |
[editar] Biografía
Naceu en Detroit con ese mesmo nome. A súa nai foi cantante de ópera e o seu pai construtor. Logo de terminar o colexio Peppard realizou o servizo militar na artillería naval. Inicialmente estudou enxeñería civil, probablemente pensando en traballar máis adiante na empresa do seu pai. Ao mesmo tempo realizou todo tipo de traballos, desde taxista, disc-jockey e empregado de banca ata mecánico de motocicletas. A continuación se matriculou na universidade de Carnegie Mellon, onde estudou Belas Artes. Neses anos morreu o seu pai, deixando un proxecto de construción inacabado. O novo Peppard púxose á fronte e terminouno.
Logo dos seus estudos universitarios Peppard decidiu ser actor e quixo prepararse para iso, ao non ter confianza no seu atractivo físico para ter éxito. Estudou na prestixiosa escola de interpretación Actor's Studio de Nova York. Terminada a súa formación comezou a traballar en películas de televisión e no teatro, tamén en Broadway. A súa primeira película para o cine fíxoa en 1957, onde repetía un papel que xa interpretara en Broadway. A súa popularidade foi en aumento nas seguintes películas, sobre todo cando interveu en Almorzo con diamantes xunto con Audrey Hepburn. As seguintes películas tamén tiveron éxito, especialmente The Carpetbaggers, coprotagonizada por Alan Ladd.
Comezou a estar menos solicitado polos produtores e os estudos, de forma que tivo que intervir en películas de menor interese. A serie de televisión Banacek, que se realizou en 1972 e 1973, converteuno por un tempo novamente nun actor admirado, pero a súa carreira cinematográfica continuou sendo decadente. En 1978 debutou na dirección con Five Days From Home, película que tivo unha boa acollida. Non entanto, Peppard non se mostrou interesado en repetir a experiencia e dedicouse principalmente ás películas e series de televisión. Entre 1983 e 1987 conseguiu unha vez máis un considerable éxito coa serie de televisión O Equipo A, produción que o fixo popular entre a mocidade dos países onde a emitiron.
Peppard estivo casado en cinco ocasións. A súa segunda esposa foi a actriz Elizabeth Ashley, coa que protagonizara a película The Carpetbaggers. Casou por última vez dous anos antes do seu falecemento. Peppard tivo tres fillos, dous do seu primeiro matrimonio e un do segundo . Nos últimos anos da súa vida Peppard enfermou de cancro (era empedernido fumador), o que lle obrigou a retirarse do mundo do cine e da televisión. Morreu nos Ánxeles das complicacións xurdidas no tratamento da súa enfermidade.
[editar] Vida persoal
Peppard estivo casado en cinco ocasións, e foi pai de tres rapaces:
- Helen Davies (1954–1964): dous nenos, Bradford e Julie
- Elizabeth Ashley (1966–1972), a súa co-protagonista en The Carpetbaggers: un fillo, Christian
- Sherry Boucher-Lytle (1975–1979)
- Alexis Adams (1984–1986)
- Laura Taylor (1992–1994)
Peppard deixou de beber en 1978 e pasou os últimos anos da súa vida tratando de axudar a outros alcohólicos a recuperarse.
Logo dunha vida de fumador, en 1992 diagnosticáronlle cancro de pulmón e posteriormente deixouno. A súa quinta esposa e "fan número un", Laura Taylor, coñeceuno e casou con el pouco despois de ser diagnosticado do cancro terminal, e coidouno os seus últimos 18 meses. O cancro nunca impediu que Peppard se retirara da actuación, deixando así un proxecto piloto para unha nova serie en 1994 (un spin-off de Matlock) pouco antes do seu pasamento.
[editar] Filmografía
- The Tigress (1992)
- Ultra Warrior (1990)
- The A-Team (1983–1987)
- Hit Man (1982)
- Race for the Yankee Zephyr (1981)
- Your Ticket Is No Longer Valid (1981)
- Battle Beyond the Stars (1980)
- From Hell to Victory (1979)
- Five Days from Home (1979)
- Damnation Alley (1977)
- Doctors' Hospital (1975-76)
- Mid-Air Crash (TV) (1975)
- Newman's Law (1974)
- The Groundstar Conspiracy (1972)
- One More Train to Rob (1971)
- Cannon for Cordoba (1970)
- The Executioner (1970)
- Pendulum (1969)
- House of Cards (1968)
- What's So Bad About Feeling Good? (1968)
- P.J. (1968)
- Rough Night in Jericho (1967)
- Tobruk (1967)
- The Blue Max (1966)
- The Third Day (1965)
- Operation Crossbow (1965)
- The Carpetbaggers (1964)
- The Victors (1963)
- How the West Was Won (1962)
- Breakfast at Tiffany's (1961)
- The Subterraneans (1960)
- Home from the Hill (1960)
- Pork Chop Hill (1959)
- The Strange One (1957)