Alan Ladd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alan Ladd
Alan Ladd in Shane.jpg
Alan Ladd no trailer da película Shane
Nacemento Alan Walbridge Ladd
3 de setembro de 1913
Hot Springs, Arkansas, Estados Unidos de América
Falecemento 29 de xaneiro de 1964
Palm Springs, California, Estados Unidos de América
Cónxuxe(s) Sue Carol (15 de marzo de 1942 - 29 de xaneiro de 1964) 3 fillos
Marjorie Jane Harrold (outubro de 1936 - 1941) (divorciados) 1 fillo (Alan Ladd Jr)
Fillo(s) Alan Ladd Jr
Ficha na IMDb

Alan Walbridge Ladd, nado o 3 de setembro de 1913, finado o 29 de xaneiro de 1964, foi un actor estadounidense de cine negro, cine bélico e western. Fíxose célebre polo seu talante pouco expresivo en escena e por ser máis ben de pouca estatura (arredor de 1,65 m.). Na maioría das películas que protagonizou representou ou ben ao típico heroe americano ou a algún malvado non exento de principios. Ás veces aparecía como "Allan Ladd" nos créditos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ladd naceu en Hot Springs, Arkansas, fillo de inmigrantes ingleses. Nos inicios da súa carreira facía pequenos papeis no cine, como o de periodista en Cidadán Kane, de Orson Welles (1941). No ano seguinte adquiriu grande notoriedade polo seu personaxe de asasino sensible en This gun for hire, xunto a Veronica Lake. Ao ser dita actriz tamén miúda, os estudos reuniron á parella noutras producións populares, como The Glass Key, The Blue Dahlia e Saigon.

A Ladd chegoulle o estrelato polo seu papel de pistoleiro entrañable no western clásico Shane (en España, Raíces profundas, 1953), con Jean Arthur e Van Heflin. Ladd foi escolleito 3 veces na lista Quigley 10 de estrelas do año (anos 1947, 1953 e 1954). En 1954 protagonizou canda Peter Cushing, Patrick Troughton e outros veteranos actores británicos, a película de dita nacionalidade The Black Knight, facendo de, cousa rara nel, de cabaleiro medieval bravucón.

Ladd traballou tamén na radio, ma serie Box 13. Esta serie funcionou de 1948 a 1949 e foi producida pola propia compañía do actor, Mayfair Productions.

Alan Ladd estivo casado coa ex actriz de cine mudo Sue Carol, que era tamén a súa manager. A actriz Jordania Ladd é neta súa. Ladd tivera un fillo, Alan Ladd, Jr., coa súa primeira esposa, Midge Harrold; Alan Ladd Jr. fíxose executivo e produtor cinematográfico, fundando a Ladd Company. Outro fillo do actor, David Ladd, casou coa actriz protagonista da serie Los Ángeles de Charlie, Cheryl Ladd.

Alan Ladd morreu en Palm Springs (California), dunha sobredose de alcol e barbitúricos, en 1964, no que se considerou un probable suicidio. Foi inhumado no Forest Lawn Memorial Park Cemetery, de Glendale, California.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Alan Ladd en The Man in the Net
  • The Carpetbaggers, como Nevada Smith – 1964 (último filme)
  • 13 West Street, como Walt Sherill – 1962
  • Orazi e curiazi, Horatius – 1961
  • One Foot in Hell, Mitch – 1960
  • All the Young Men, Kincaid – 1960
  • Guns of the Timberland, Jim Hadley – 1960
  • The Man in the Net, John Hamilton -1959
  • The Badlanders, Peter Van Hoek – 1958
  • The Proud Rebel, John Chandler – 1958
  • The Deep Six, Alec Austen – 1958
  • Boy on a Dolphin, Dr. James Calder – 1957
  • The Big Land, Chad Morgan – 1957
  • A Cry in the Night- 1956
  • Santiago (film), Cash Adams – 1956
  • The McConnell Story, Capt. Joseph C. McConnell, Jr. – 1955
  • Hell on Frisco Bay, Steve Rollins – 1955
  • Drum Beat, Johnny MacKay – 1954
  • The Black Knight, John – 1954
  • Saskatchewan, O’Rourke – 1954
  • Hell Below Zero, Duncan Craig – 1954
  • The Red Beret – 1953
  • Shane – 1953
  • Desert Legion, Paul Lartal – 1953
  • Botany Bay, Hugh Tallant – 1953
  • Thunder in the East, Steve Gibbs – 1952
  • The Iron Mistress, Jim Bowie – 1952
  • Red Mountain, Capt. Brett Sherwood – 1951
  • Appointment with Danger, Al Goddard – 1951
  • Branded, Choya – 1950
  • Captain Carey, U.S.A., Webster Carey – 1950
  • Chicago Deadline, Ed Adams – 1949
  • The Great Gatsby, Jay Gatsby – 1949
  • Eyes of Hollywood – 1949
  • Whispering Smith, Luke Smith – 1948
  • Beyond Glory, Capt. Rockwell Gilman – 1948
  • Saigon, Maj. Larry Briggs – 1948
  • Wild Harvest, Joe Madigan – 1947
  • Calcutta, Neale Gordon – 1947
  • My Favorite Brunette, Sam McCloud – 1947
  • O.S.S., Philip Masson/John Martin – 1946
  • The Blue Dahlia, Johnny Morrison – 1946
  • Two Years Before the Mast, Charles Stewart – 1946
  • Salty O'Rourke, Salty O’Rourke – 1945
  • And Now Tomorrow, Doctor Merek Vance – 1944
  • China, Mr. Jones – 1943
  • Letter from a Friend – 1943
  • Lucky Jordan, Lucky Jordan – 1942
  • The Glass Key, Ed Beaumont – 1942
  • This Gun for Hire, Philip Raven – 1942
  • Joan of Paris, Baby – 1942
  • Military Training – 1941
  • Cadet Girl – 1941
  • Great Guns – 1941
  • They Met in Bombay – 1941
  • The Reluctant Dragon – 1941
  • Paper Bullets – 1941
  • The Black Cat, Richard Hartley – 1941
  • Citizen Kane – 1941
  • Petticoat Politics, – 1941
  • I Look at You – 1941
  • Her First Romance, John Gilman – 1940
  • Victory, Heyst aos 18 amos – 1940
  • Meet the Missus, novio da novia de Higgins - 1940
  • Captain Caution, Newton – 1940
  • The Howards of Virginia, veciño – 1940
  • Wildcat Bus – 1940
  • Those Were the Days!, Keg Rearick – 1940
  • Cross-Country Romance, Mr. Williams – 1940
  • Gangs of Chicago – 1940
  • In Old Missouri, fillo do propietario – 1940
  • The Light of Western Stars, Danny – 1940
  • Brother Rat and a Baby, cadete – 1940
  • The Green Hornet, Gilpin – 1940
  • American Portrait, novo/vello – 1940
  • Blame It on Love – 1940
  • Meat and Romance, Bill – 1940
  • Unfinished Rainbows, Charles Martin hall – 1940
  • Rulers of the Sea, Colin Farrell – 1939
  • Hitler - Beast of Berlin, el mesmo – 1939
  • The Mysterious Miss X, Henchman – 1939
  • Freshman Year, estudante – 1938
  • Come On, Leathernecks!, camareiro – 1938
  • The Goldwyn Follies, cantante – 1938
  • Hold 'Em Navy, oficial de mariña – 1937
  • All Over Town, mozo – 1937
  • Souls at Sea, mariñeiro – 1937
  • The Last Train from Madrid, soldado – 1937
  • Pigskin Parade, Student – 1936
  • Saturday's Millions, estudante – 1933
  • Island of Lost Souls – 1933
  • Once in a Lifetime, – 1932
  • Tom Brown of Culver – 1932

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Ladd