The A-Team

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The A-Team

Editar o valor em Wikidata
FormatoAcción, aventura
Creado porStephen J. Cannell
Frank Lupo
IntérpretesGeorge Peppard
Dirk Benedict
Dwight Schultz
Mr. T
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Produción
Duración50 mins. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeNBC
Primeira emisión23 de xaneiro de 1983
Derradeira emisión8 de marzo de 1987
Na rede
http://www.cannell.com/tv-show-detail/1/the-a-team.html
IMDB: tt0084967 Allocine: 317 Rottentomatoes: tv/the_a_team Allmovie: v123786 Metacritic: tv/the-a-team TV.com: shows/the-a-team Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The A-Team (en galego O Equipo A), é unha serie de televisión estadounidense de acción emitida pola NBC entre o 23 de xaneiro de 1983 e o 8 de marzo de 1987, que narraba as ficticias aventuras dun grupo de ex-combatentes de Vietnam. Estes foran acusados dun delito que non cometeran, desde entón ofrécense como mercenarios a soldo para defender a xente en problemas. Os actores protagonistas son George Peppard, Dwight Schultz, Dirk Benedict e Mr. T.

Argumento[editar | editar a fonte]

En 1972 catro dos mellores homes do exército estadounidense que formaban un comando, foron encarcerados por un delito que non cometeran. Estes catro homes eran o coronel John "Hannibal" Smith, o sarxento Bosco A. "B.A." Baracus ("bad attitude", que se traduciu como M.A. ou "mala actitude" en español), o capitán H.M. "Howlin' Mad" Murdock e o tenente Templeton "Faceman" Peck (xeralmente chamábano "Face", "Fénix" en español). Xuntos formaban O Equipo A. O delito "que non cometeron" foi o de atracar o banco de Hanói para acabar antes coa guerra na que estaban metidos. Por desgraza, ao volver á base, esta fora asaltada e todos os seus superiores estaban mortos, polo que non quedaba ninguén para demostrar que atracaran un banco baixo ordes. Aínda que empeoraría moito a súa situación, os catro membros do Equipo A decidiron fuxir da prisión onde estaban recluídos, converténdose deste xeito en fuxitivos. A partir de aí, o exército estadounidense, xunto coa policía militar e o apoio do Goberno dos Estados Unidos, emprenden a procura do Equipo A co fin de arrestalos, sometelos a xuízo e metelos en prisión.

O Equipo A nunca está no mesmo sitio máis de dous días, xa que constantemente están fuxindo das leis xudiciais aínda sendo inocentes. Para poder subsistir, deciden facerse "mercenarios" (como rezaba a introdución orixinal), e realizar traballos para a xente necesitada. A cambio dun incentivo (o prezo depende do traballo a realizar), o Equipo A fará o traballo que se lle pida.

Aínda que os devanditos clientes sempre son distintos, os traballos a realizar adoitan ser basicamente os mesmos: defender unha vila dunha banda de ladróns, obter información sobre algún suxeito concreto etc. As misións debían facelas rápido e sen levantar moito barullo, xa que podían ser descubertos e verse acurralados polo exército.

Episodios[editar | editar a fonte]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Coronel John "Hannibal" Smith: é o cerebro do equipo. Smith é un veterano da guerra de Vietnam, e foi alcumado "Hannibal" en honor do famoso xeneral cartaxinés. Smith é un destacado estudoso da guerra e sempre está "no ollo", ou sexa, listo para actuar. A súa frase máis coñecida é "Encántame que os plans saian ben". Interpretado polo falecido actor George Peppard.
  • Sarxento Bosco Albert "B.A." Baracus: é o músculo do equipo. B.A. gañou o seu alcume en Vietnam pola "Mala actitude" ("Moi agresivo", segundo o episodio piloto) que demostraba (de aí o de "M.A." - traducido do inglés orixinal "B.A." ou Bad Attitude-). Caracterizábase non só pola súa fortaleza física, tamén polo seu mal carácter, pánico a voar (sempre que se necesitaba voar, o resto do equipo sedabao dalgún xeito, por exemplo drogas nun vaso de leite) e por levar en todo momento decenas de colgantes de ouro. O actor e boxeador Mr. T foi quen deu vida a esta personaxe.
  • Capitán H.M. Murdock: enfermo mental e experto piloto que realizou misións de combate en Vietnam, capaz de pilotar calquera vehículo aéreo. O agora actor de dobraxe Dwight Schultz interpretaba a este tolo personaxe.
  • Tenente Templeton "Faceman" Peck: o principal papel de "Faceman" era o de prover ao equipo de material difícil de conseguir mediante o uso de enxeñería social. De grande éxito coas mulleres da serie, o seu nome orixinal nos Estados Unidos de América é "Faceman" ou "Face", "Encantador coas mulleres". Ao chegar a serie a España, foi alcumado como "Fénix". Dirk Benedict daba vida a este carismático personaxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]