Gemini 9A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemini 9A
Ge09Patch orig.png
Insignia da misión Gemini 9A.
Tipo Tripulado
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 3 de xuño de 1966, 13:39:33,335 UTC[1][2][3][4]
Foguete portador Titan II GLV[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa LC-19[2]
Duración da misión 3,01 días (72 horas, 29 minutos e 50 segundos)[6][2]
Obxectivo da misión Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2]
Decaemento 6 de xuño de 1966[1]
NSSDC ID 1966-047A
Masa 3750,0 kg[6][2]

Gemini 9A foi a séptima misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Thomas P. Stafford e Eugene A. Cernan, sendo a tripulación de respaldo James A. Lovell e Edwin E. Aldrin. A tripulación orixinal da Gemini 9A eran Elliot M. See e Charles M. Bassett II, que faceleceron nun accidente aéreo o 28 de febreiro de 1966, e facendo que Stafford e Cernan, orixinalmente tripulación de respaldo, pasasen a ser a tripulación principal.[6][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Gemini 9A foi a séptima misión tripulada do programa Gemini. A misión orixinal (Gemini 9) debería ter sido lanzada o 17 de maio, pero o fallo no lanzamento do vehículo non tripulado que debería servir como obxectivo para a misión fallou, co que a data para o lanzamento da Gemini pospúxose. Finalmente, a misión, denominada agora Gemini 9A, foi lanzada o 3 de xuño de 1966 ás 13:39:33,335 UTC (8:39:33 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 158,8 km de perixeo e 266,9 km de apoxeo. Tras tres órbitas a cápsula encontrouse co ATDA (Augmented Target Docking Adapter), que por un problema mecánico aínda tiña a cofia acoplada, impedindo o atraque da Gemini 9A. Os plans da misión cambiaron para, en lugar do acoplamento, facer exercicios de cita espacial co ATDA. O primeiro exercicio, sen radar e unicamente mediante navegación óptica, finalizou ás 15:15. O segundo simulou a cita dun futuro módulo de mando Apolo cun hipotético módulo luar tras a cancelación da alunizaxe, e foi completada ás 6:21 do 4 de xuño. A Gemini 9A separouse definitivamente do ATDA ás 7:38, e o paseo espacial planeado para ese día foi posposto debido ó cansancio da tripulación. O 5 de xuño ás 10:02 EST, a cabina foi despresurizada como preparación para o paseo espacial. Cernan saleu pola escotilla á 19:19, atado por un umbilical de 8 metros de longo que lle proporcionaba osíxeno.

O ATDA visto desde a Gemini 9A. Nótese a cofia sen exectar nun dos extremos.

Unha vez fora, recolleu o detector de micrometeoritos situado nun lateral da cápsula e moveuse arredor da mesma, informando de dificultades para moverse e orientarse. Cernan sacou fotos da cápsula Gemini flotando desde o extremo do umbilical. Logo regresou ata a parte posterior da cápsula, onde se atopaba a Astronaut Maneuvering Unit (AMU), un sistema de manobra para astronautas durante paseos espaciais e que debía probar. O exercicio consistía en desconectarse do subministro de osíxeno do umbilical para poñerse a AMU (aínda que seguiría unido á cápsula por un cable) e usar a súa reserva de osíxeno e alonxarse 45 metros da cápsula. A tarefa de poñerse a AMU durou máis do previsto e requeríu un esforzo adicional por parte de Cernan, sobrecargando o seu sistema de soporte vital e empañando o seu visor, limitando a súa visión. Ademais atopouse que radio da AMU tiña problemas, co que Stafford ordenou a Cernan que volvese á cabina da cápsula, finalizando o paseo espacial ás 12:10, que cunha duración de 2 horas e 8 minutos foi o paseo máis longo ata o momento.

Os retrofoguetes foron encendidos na órbita número 45, ás 8:26:17 EST do día 6 de xuño. A cápsula amerizou ás 9:00:23 EST no océano Atlántico occidental, a 0,7 km do punto planeado e a 27,87° N e 75,00° O. O tempo total de misión foi de 72 horas, 20 minutos e 50 segundos. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Wasp ás 9:52 EST.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "GEMINI 9" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=2191. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Gemini 9A" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1966-047A. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  3. (PDF) Letter dated 26 August 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General. 2 de setembro de 1966. pp. 3. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=980. 
  4. "Gemini 9 / Gemini IX-A" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1966.html#GeminiIX-A. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  5. "Gemini 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/gemini.htm. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Gemini 9" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/flights/gemini9.htm. Consultado o 3 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gemini 9A

Outros artigos[editar | editar a fonte]