Gemini 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemini 4
Gemini Four patch.jpg
Insignia da misión Gemini 4
Tipo Tripulado
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 3 de xuño de 1965, 15:15:59.562 UTC[1][2][3][4]
Foguete portador Titan II GLV[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa LC-19[2]
Duración da misión 4,08 días (97 horas, 56 minutos e 12 segundos)[6][2]
Obxectivo da misión Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2]
Decaemento 7 de xuño de 1965[1]
NSSDC ID 1965-043A
Masa 3574,0 kg[6][2]

Gemini 4 foi a segunda misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por James A. McDivitt e Edward H. White II, sendo a tripulación de respaldo Frank Borman e James Lovell.[6][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Gemini 4 foi a segunda misión tripulada do programa Gemini e durante a cal tivo lugar o primeiro paseo espacial dun estadounidense. Os obxectivos da misión, aparte de realizar a camiñata espacial, foron demostrar a capacidade das cápsulas Gemini e adquirir experiencia na xestión de voos espaciais de longa duración. Como obxectivos secundarios atopábanse facer manobras de cita espacial, a realización de once experimentos, avaliar os sistemas da cápsula, demostrar a capacidade para facer diversas manobras e o uso do sistema de manobra orbital como respaldo do sistema de reentrada.[6][2]

Gemini 4 foi lanzada o 3 de xuño de 1965 ás 15:15:59,562 UTC (10:15:59 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 162,3 km de perixeo e 282,1 km de apoxeo. Durante a primeira órbita manobrouse para aumentala a unha de 166 x 290 km e intentar unha cita espacial coa segunda etapa do Foguete espacial1foguete lanzador. A manobra de cita orbital cancelouse ao principio da segunda órbita tras comprobarse que se usara o 42% do propelente dispoñible, comprometendo o resto de obxectivos da misión. Tras a cancelación tivo lugar o comezo da primeira camiñata espacial levada a cabo por un estadounidense. Ed White presurizou o seu traxe espacial e despresurizou a cabina ás 14:33:35 EST, abrindo a escotilla da cápsula ás 14:34. O astronauta saiu dous minutos máis tarde levando consigo unha pistola de gas para manobrar no baleiro e atado cun cable de 8 metros de lonxitude. O gas da pistola acabouse en tres minutos, co que White uso o cable e movementos do seu corpo para manobrar arredor da nave. O paseo durou 23 minutos, despois dos cales White volveu á cabina. Tras entrar, os astronautas atoparon dificultades para pechar a escotilla, que só conseguiron pechar ás 15:10 EST tras traballar conxuntamente, represurizando a cabina ás 15:12:50.[2][6]

Ed White durante o primeiro paseo espacial dun estadounidense.

Para aforrar propelente, durante as seguintes 30 horas os astronautas non usaron o sistema de propulsión. Durante a órbita 48 un problema co ordenador de a bordo fixo imposible a reentrada atmosférica controlada por ordenador que fora planeada. No seu lugar, durante a órbita 62 e ás 11:56:00 EST, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para unha reentrada balística, sen o uso da capacidade sustentadora da cápsula. A Gemini 4 amerizou ás 12:12:11 EST no Atlántico occidental, a 27,73° N e 74,18° O, a 81 km do punto de amerizaxe previsto. O tempo total de misión foi de 97 horas, 56 minutos e 12 segundos. A tripulación foi recollida por un helicóptero e levados ó U.S.S. Wasp ás 13:09. A cápsula foi recuperada ás 14:28.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "GEMINI 4" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=1390. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "Gemini 4" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1965-043A. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
  3. (PDF) Letter dated 5 August 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General. 11 de agosto de 1965. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1013.
  4. "Gemini 4" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1965.html#Gemini-4. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
  5. "Gemini 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/gemini.htm. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Gemini 4" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/flights/gemini4.htm. Consultado o 17 de febreiro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gemini 4

Outros artigos[editar | editar a fonte]