Gemini 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemini 2
A Gemini 2 en exposición.
TipoPrototipo
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento19 de xaneiro de 1965[1][2]
Foguete portadorTitan II GLV[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[1]
Duración da misión18 minutos e 16 segundos[1]
Obxectivo da misiónProbas con nave non tripulada.[1]
Masa3133,9 kg[1]

Gemini 2 foi a segunda proba de lanzamento dunha cápsula Gemini non tripulada xunto co seu lanzador, un Titan II GLV.[1]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

A misión de Gemini 2 foi comprobar a integridade estrutural coa cápsula e a adecuación do seu escudo térmico para a reentrada atmosférica, así como o rendemento de tódolos seus sistemas, incluíndo comunicacións, control térmico, sistema eléctrico e sistema de control da posición.[1]

Gemini 2 foi lanzada o 19 de xaneiro de 1965 ás 14:03:49 UTC desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral. O lanzamento foi suborbital, chegando a unha altura de 171,2 km. Durante a súa viaxe a cápsula estivo controlada por un temporizador que permitía ir executando varias actividades. Aos 6 minutos e 54 segundos a cápsula disparou os retrofoguetes, preparándoa para a reentrada. Gemini 2 ameziou no océano Atlántico, a 3419 km ao sueste da zona de lanzamento, tras 18 minutos e 16 segundos de voo e a 26 km do sitio previsto. A cápsula foi recuperada por un helicóptero do portaaeronaves USS Lake Champlain. Tódalas probas durante a misión foron un éxito, salvo a das células de combustible, que tiveron que apagarse antes do lanzamento por un problema anterior ao mesmo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (17 de abril de 2020). "Gemini 2" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 
  2. Claude Lafleur (2020). "Gemini 2" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 
  3. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gemini 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]