Gemini 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemini 7
Gemini VII patch.png
Insignia da misión Gemini 7
Tipo Tripulado
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 4 de decembro de 1965, 2:30:03,702 UTC[1][2][3][4]
Foguete portador Titan II GLV[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa LC-19[2]
Duración da misión 13,77 días (330 horas, 35 minutos e 1 segundos)[6][2]
Obxectivo da misión Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2]
Decaemento 18 de decembro de 1965[1]
NSSDC ID 1965-100A
Masa 3663,0 kg[6][2]

Gemini 7A foi a cuarta misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Frank F. Borman e James A. Lovell, sendo a tripulación de respaldo Edward H. White e Michael Collins.[6][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Gemini 7 foi a cuarta misión tripulada do programa Gemini. Os obxectivos da misión foron facer un voo de longa duración (14 días), facer manobras cerca da última etapa do foguete lanzador, avaliar un contorno onde poder estar en mangas de camisa, avaliar un traxe de presión lixeiro, servir de obxectivo para a cita espacial coa Gemini 6A e demostrar unha reentrada atmosférica controlada e dirixida cara un punto concreto da superficie terrestre, ademais de facer ata dezanove experimentos.[6][2]

Gemini 7 foi lanzada o 4 de decembro de 1965 ás 2:30:03,702 UTC (14:30:03 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 161,6 km de perixeo e 328,2 km de apoxeo. Nada máis separarse da segunda etapa do Titan II, a tripulación comezou a manobrar para permanecer xunto dela, movéndose a distancias de entre 6 metros e 80 quilómetros nun período de 17 minutos. Durante a terceira órbita, a Gemini 7 elevou o seu perixeo ata os 230 km para asegurar a órbita durante toda a misión e non decaer prematuramente debido ó rozamento atmosférico. O 6 de decembro, ás 45 horas do inicio da misión, Lovell quitouse o traxe espacial para avaliar o interior da cápsula como contorno de traballo en mangas de camisa. O resto dos primeiros cinco días en órbita os astronautas adicáronse a facer diversos experimentos e probas cos sistemas da nave, ata que o 9 de decembro circularizaron a órbita ata acadar un perixeo de 299,7 km e un apoxeo de 303,7 km como preparación para a cita espacial con Gemini 6A. O 10 de decembro, ás 140 horas do inicio da misión, Lovell volveu a poñerse o seu traxe espacial, quitando Borman o seu para quedar en mangas de camisa, volvendo Lovell a quitar o seu 20 horas máis tarde. Durante o resto da misión, excepto durante a cita espacial con Gemini 6A e durante a reentrada e amerizaxe, os astronautas traballaron sen os traxes espaciais.[2][6]

A Gemini 7 (en segundo plano) atopándose coa Gemini 6A no espazo.

Durante os días seguintes os astronautas fixeron varios experimentos. A Gemini 6A despegou o 15 de decembro, reuníndose e comezando a manter un voo en formación coa Gemini 7 ás 14:33 EST. As dúas naves mantivéronse inicialmente a unha distancia de 110 metros. Durante as seguintes 5 horas e 19 minutos as naves practicaron diversas manobras, movéndose unha arredor da outra e acercándose e separándose. Ao final do exercicio a Gemini 6A manobrou para permanecer a 50 km da Gemini 7 durante o período de sono dos astronautas. A Gemini 6A volveu á Terra o 16 de decembro, mentres que a Gemini 7 fíxoo dous días despois, tras encender os retrofoguetes durante a órbita número 206. A amerizaxe tivo lugar ás 9:05:04 EST do 18 de decembro no océano Atlántico, a 25,42° N e 70,10° O, a só 12,2 km do punto de amerizaxe previsto. O tempo total de misión foi de 330 horas, 35 minutos e 1 segundos, marcando o récord do momento. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Wasp ás 9:37 e cápsula ás 10:08.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "GEMINI 7" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=1812. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "Gemini 7" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1965-100A. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  3. (PDF) Letter dated 18 February 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General. 25 de febrero de 1966. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=993. 
  4. "Gemini 7" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1965.html#Gemini-7. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  5. "Gemini 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/gemini.htm. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Gemini 7" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/flights/gemini7.htm. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gemini 7

Outros artigos[editar | editar a fonte]