Gemini 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemini 5
Gemini5-Patch.jpg
Insignia da misión Gemini 5
Tipo Tripulado
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 21 de agosto de 1965, 13:59:59.518 UTC[1][2][3][4]
Foguete portador Titan II GLV[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa LC-19[2]
Duración da misión 7,96 días (190 horas, 55 minutos e 13 segundos)[6][2]
Obxectivo da misión Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2]
Decaemento 29 de agosto de 1965[1]
NSSDC ID 1965-068A
Masa 3605,0 kg[6][2]

Gemini 5 foi a terceira misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Gordon Cooper e Charles Conrad, sendo a tripulación de respaldo Neil Armstrong e Elliot M. See.[6][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Gemini 5 foi a terceira misión tripulada do programa Gemini. Os obxectivos da misión foron probar procedementos de cita espacial, demostrar como factibles os voos de longa duración e avaliar os efectos nos astronautas. Como obxectivos secundarios estaban demostrar o bo funcionamento dos sistemas de guiado e sistemas de control para acadar a cita espacial e do sistema de guiado de reentrada atmosférica controlada, avaliar o sistema de células de combustible e o radar e probar a capacidade dos pilotos para manobrar a nave en órbita cerca doutros obxectos. A bordo ademais iban 17 experimentos.[6][2]

Gemini 5 foi lanzada o 21 de agosto de 1965 ás 13:59:59.518 UTC (8:59:59 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 162,0 km de perixeo e 350,1 km de apoxeo. A Gemini 5 levaba un receptáculo (Rendezvous Evaluation Pod, REP) de 34,5 kg de masa cun duplicado dos equipos electrónicos e ópticos que en misións posteriores usarían os GATV, os vehículos automáticos de cita espacial para as misións Gemini. O REP foi despregado ás dúas horas de voo, durante a segunda órbita, e tras 36 minutos probándoo a tripulación verificou que a presión nun dos tanques de osíxeno estaba caendo, resultado do fallo dun dos quentadores do interior do tanque. Debido a que ó osíxeno era vital para as células de combustible, a proba do REP cancelouse e a maior parte dos sistemas da nave apagáronse para conservar enerxía mentres o control de terra evaluaba o problema. Na séptima órbita o control ordenou ós astronautas reencender os sistemas da nave, co que a presión do tanque foi aumentando lixeiramente durante o resto da misión e a provisión de enerxía non se viu comprometida.[2][6]

Lanzamento da misión Gemini 5.

Durante a misión fixéronse catro probas co radar de cita, a primeira na órbita 14, o segundo día de misión. Durante o terceiro día a tripulación simulou unha cita cun GATV imaxinario. O quinto día da misión o propulsor número 7 deixou de funcionar, co que as manobras ralentizáronse. O propulsor 8 fallou ó día seguinte, dificultando aínda máis a manobrabilidade e limitando o número de actividades e experimentos a realizar no resto da misión.[2][6]

Durante a órbita 120, ás 7:27:42 EST do 29 de agosto, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para iniciar a reentrada. A Gemini 5 amerizou ás 7:55:13 EST no Atlántico occidental, a 29,73° N e 69,75° O, a 169 km do punto de amerizaxe previsto debido a un erro no programa de control da reentrada. O tempo total de misión foi de 190 horas, 55 minutos e 13 segundos. A tripulación foi recollida por un helicóptero e levados ó U.S.S. Lake Champlain ás 9:26. A cápsula foi recuperada ás 11:50.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "GEMINI 5" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=1516. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Gemini 5" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1965-068A. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  3. (PDF) Letter dated 29 October 1965 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General. 3 de novembro de 1965. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1004. 
  4. "Gemini 5 / Gemini V" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1965.html#Gemini-5. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  5. "Gemini 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/gemini.htm. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 "Gemini 5" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/flights/gemini5.htm. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gemini 5

Outros artigos[editar | editar a fonte]