Gautas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suecia no século XII antes da incorporación de Finlandia durante o século XIII. (en azul os gautas, en amarelo os Suecos, en verde os de Gotland.
Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, a área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.

Os gautas foron un pobo de orixe xermánica que habitou o sur de Suecia. Famosos por un dos seus reis lendarios: Beowulf, protagonista do poema anglosaxón homónimo.

O nome en galego deriva do geatas do inglés antigo (gautar, nórdico; götar ou gøtar, en sueco). Están asociados coa rexión de Götaland (terra dos gautas) na Suecia moderna.

A propósito da tradución do poema épico Beowulf, os gautas foron confundidos en varias ocasiones cos xutos de Dinamarca. Se ben no mesmo poema si fai diferenza entre os xutos aos que Beowulf vai axudar na primeira parte, e os gautas. Deste último pobo era orixinario o heroe e aparece como o seu rei na segunda parte do poema, cando se enfronta a un dragón.

A parofonía entre gautas, godos (gutans, gotts) e xutos (juths, jyts) e a contigüidade dos primeiros territorios que estas etnias habitaron na rexión escandinava, así como a filoloxía das súas linguas sinalan unha evidente proximidade e unha case segura común orixe previa ás grandes migracións ocorridas entre os séculos III e V.