Frisios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, a área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.

Os frisios ou frisóns (frisii en latín) son mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra De Origine et situ Germanorum (c. 98). Tratábase, polo que todo indica, dun pobo de mariñeiros -o Mar do Norte, da Bretaña até o leste da Dinamarca, chamábase na época Mare Frisium. Pequenos grupos de frisios poboaron as terras ao redor do mar e atópanse trazos da colonización frisia na Inglaterra, Escocia, Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Francia e, evidentemente, nos Países Baixos.

O territorio dos frisios seguía a costa continental do Mar do Norte desde a desembocadura do Rin até a do Ems, que era a súa fronteira oriental, segundo a Geographica de Ptolomeo. Plinio o Vello, rexistra na súa Belgica que aquel pobo foi conquistado polo xeneral romano Nerón Claudia Druso en -12, seguíndose diversos levantamentos relatados por Tácito, inclusive o dos bátavos. A partir de entón, a historia dos frisios tórnase escura até o contacto cos reinos merovinxio e carolinxio.

No século V, durante este período de "silencio histórico", moitos dos frisios xuntáronse á emigración dos anglosaxóns, que pasaron polo territorio frisio para despois invadiren a Gran Bretaña; os que permaneceron no continente expandíronse para o territorio recentemente desocupado polos Anglosaxóns. Por volta do fin do século VI, os frisios ocupaban a costa até a desembocadura do Weser e continuaron a expandirse no século VII, para Dorestad e até mesmo Bruxas. Esta foi a extensión máxima do territorio frisón, coñecida como a Frisia Magna.

Os frisios convertéronse ao Cristianismo por imposición do Reino franco. San Wilfrid, San Willibrord e San Bonifacio participaron da evanxelización dos frisios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]