Gaston Bachelard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gaston Bachelard, nado en Bar-sur-Aube o 27 de xuño de 1884 e finado en París o 16 de outubro de 1962, foi un filósofo da ciencia e da poesía francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bachelard traballou en correos en París antes de estudar física e interesarse pola filosofía. Entre 1930 e 1940 foi profesor en Dijon.

Os estudos de Bachelard na historia e filosofía da ciencia como Le nouvel esprit scientifique e La formation de l'esprit scientifique baseáronse na súa visión da epistemoloxía histórica como unha clase de psicanálise da mente científica. Opúxose ao positivismo e ao neokantismo con un racionalismo no senso cartesiano, a ciencia constrúese contra a evidencia, contra as ilusión do coñecemento inmediato, é nese senso que fala dunha filosofía do non.