Garda varega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garda varega

A Garda varega era a garda persoal dos emperadores bizantinos, de procedencia nórdica (durante os séculos X e XI) tralos acordos acadados entre o Príncipe Vladimiro I de Kiev e Basilio II de Bizancio.

Creación[editar | editar a fonte]

Entre a segunda metade do século IX e a primeira do X os viquingos fundaron colonias ao longo do río Volga, organizando dende aí numerosos ataques contra Constantinopla. Tras saqueala no ano 860, o rei Vladimiro, de sangue viquingo, consagrouse con Basilio II, o para entón emperador bizantino, enviándolle un exército de 6000 homes á súa disposición. Basilio, dada o seu ben fundada desconfianza cara á cambiante lealdade dos seus gardas nativos, e coñecendo a profunda lealdade dos varegos, decidiu empregalos como garda persoal. A esta nova forza coñeceulla como a Garda Varega (en grego: Tagma ton Varangion, Τάγμα των Βαραγγίων)

Cunha machada de dobre fío como arma principal, aínda que anos despois adaptáronse á espada, o seu labor era lucir uniformes e armas en cerimonias e festexos, ademais colaborar na protección da familia imperial, sendo daquela o principal e máis importante corpo con esta tarefa.

Características[editar | editar a fonte]

O núcleo fundacional estaba formado por viquingos varegos (isto é, o pobo que acabaría formando Rusia), aínda que co tempo incluíuse nela a saxóns, daneses e a outros homes procedentes do norte. A forza integrábana uns 6.000 homes entre os mellores pagos do exército bizantino e existiu durante 300 anos.

O máis coñecido de tódolos seus comandantes foi Harald III quen conquistou para os bizantinos territorios de África, Asia Menor e Bulgaria, ademais de Lombardía e Sicilia. Posteriormente este comandante regresou a Noruega e converteuse en Harald Haardrade, quen morreu tratando de conquistar Inglaterra na batalla de Stamford Bridge, terminado a Era Viquinga con esa derrota.

Os mercenarios varegos, á parte de protexer ao emperador, adoitaban acompañalo na guerra. Tiñan fama de homes hábiles e de grandes recursos, excelentes loitadores e, sobre todo, moi leais. Os historiadores bizantinos (especialmente Miguel Psellos) menciónanos como "os portadores de machada".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garda varega

Outros artigos[editar | editar a fonte]