Galardóns de ciencia ficción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


No mundo da ficción científica hai diversos galardóns.

Literarios[editar | editar a fonte]

Os dous premios máis importantes do xénero son os premios Hugo e os premios Nebula.

Ficción científica
Artigos
Categorías


Os premios Hugo, chamados así en memoria do pioneiro da ciencia ficción Hugo Gernsback, son concedidos en diversas categorías pola Sociedade mundial de ciencia ficción (WSFS) durante a celebración anual da Worldcon. Durante a mesma entrégase ademais o premio John W. Campbell, en memoria de John W. Campbell, ao mellor autor novel do ano.

Os premios Nebula son concedidos anualmente tamén en varias categorías pola Asociación de escritores de ciencia ficción e fantasía de Estados Unidos (SFWA). Esta asociación ademais concede os cotizados premios Gran Mestre aos máis importantes escritores do xénero polo labor de toda unha vida.

Algúns outros premios tamén teñen nomes doutros insignes autores e editores do ramo: John W. Campbell Memorial (non confundir co do mesmo nome ao mellor autor novel) e os premios Clarke, Sturgeon e Philip K. Dick Memorial.

Tamén as publicacións especializadas outorgan algúns premios de relevancia como é o caso da revista estadounidense Locus Magazine, que anualmente outorga os premios Locus.

En Europa, a Sociedade Europea de Ciencia Ficción (ESFS) creouse en 1972 e reune a diversos profesionais do sector. Inicialmente programaba unha convención bianual que a partir de 1982 converteuse en anual, durante a cal outórganse os premios europeos de ciencia ficción nos que se nomea ao mellor: autor, tradutor, promotor, publicación periódica, editorial, artista e revista.

Outros países tamén teñen os seus premios nacionais, como os premios Ignotus en España,os premios Seiun en Xapón, os BSFA británicos ou os Ditmar australianos.

Cine[editar | editar a fonte]

Nos Estados Unidos, berce do xénero, os Premios Saturn que son outorgados pola Academia de cine de ciencia ficción, fantasía e horror son, probablemente, os premios máis importantes do xénero.

En Europa, no entanto, os premios están máis relacionados con festivais concretos, nos que se exhiben as diferentes películas: O Festival de Sitges de Cine Fantástico xunto ao Festival Internacional de Cine Fantástico de Bruxelas son dous das citas máis importantes europeas do xénero.