Fundación Europea de Educación Ambiental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Fundación Europea de Educación Ambiental é unha organización privada. No ano 1982 creou un logotipo e unha bandeira, a Bandeira Azul de Europa, para premiar ás praias e portos deportivos de maior calidade ambiental. Cada ano, un xurado europeo valora as candidaturas presentadas polos concellos costeiros europeos e concede bandeiras azuis aos que cumpren unha serie de requisitos que son:

  • Calidade da auga baseada nas análises oficiais.
  • Seguridade, segundo a presenza de salvamento e socorrismo e teléfonos de urxencia.
  • Existencia de servizos, papeleiras, vixiancia, posibilidade de acceso por transporte público, limpeza periódica.
  • Accións de formación ambiental e información ao usuario.