Ftia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ftia ou Ftía (en grego, Φθία ou Φθίη ) é unha antiga rexión de Tesalia, no norte de Grecia.

Historia[editar | editar a fonte]

É a terra natal dos Mirmidóns, que participaron na guerra de Troia baixo Aquiles. Foi fundada por Éaco, avó de Aquiles, e foi a casa de Peleo e a súa muller Tetis, pais de Aquiles e Artemisa.

Menciónao Platón en Critón, quen conta un soño que tivo Sócrates no que unha muller vestida de branco predixo que despois de tres días o vería nos campos de Ftia, o que significa que Sócrates sería executado en dous días (os gregos contaban o día de hoxe como primeiro día, mañá como segundo e o día seguinte como terceiro).[1]

O texto de Platón, á súa vez, é unha referencia ao Canto IX da Ilíada, no que Aquiles, irritado por Agamenón, ameaza con abandonar o campo de batalla e regresar á "Ftia fértil" o terceiro día.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Internet Classics Archive ; Crito by Plato". classics.mit.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2011. Consultado o 2022-07-26. 
  2. A Iiiada(em Forma de Narrativa) (en portugués). Tecnoprint. 198?. ISBN 978-85-00-70470-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.