Fry (Futurama)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Philip J. Fry, tamén coñecido simplemente como Fry, é un personaxe ficticio e o protagonista de Futurama, unha serie de animación para televisión creada por Matt Groening e David X. Cohen. Na versión orixinal a súa voz pona Billy West.

Historia[editar | editar a fonte]

Fry é un rapaz inmaduro que traballaba coma repartidor de pizza que foi conxelado na madrugada do día de Aninovo de 2000 antes da fin das badaladas, despertando durante o Fin de Ano de 2999. Obtén un emprego coma repartidor en Planet Express, unha empresa propiedade do seu familiar máis achegado, o profesor Hubert Farnsworth. Está namorado de Leela dende o primeiro episodio, sendo ademais, como consecuencia de certas medidas que toma no episodio "Roswell que remata ben", o seu propio avó.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]