Amy Wong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amy Wong é un personaxe ficticio de Futurama, unha serie de animación para televisión creada por Matt Groening e David X. Cohen. Na versión orixinal a súa voz pona Lauren Tom.

Historia[editar | editar a fonte]

Amy é unha moza incribelmente rica, guapa e simpática; mais tamén trapalleira e inocente, e con ela, o Planet Express é moi propenso a ter accidentes. É unha estudante de enxeñería na Universidade de Marte e herdeira do hemisferio occidental dese planeta. A pesar de nacer en Marte, é de etnia chinesa, propensa a maldicir en cantonés e falar xerga do século XXXI. Os seus pais son Leo e Inez Wong. Inicialmente semella algo promiscua, mais logo desenvolve unha longa relación con Kif Kroker.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]