Frederico Lourenço

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrederico Lourenço
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Frederico Maria Bio Lourenço, nado en Lisboa en 1963,[1] é un escritor, tradutor e profesor universitario portugués. É gran especialista en linguas e literaturas clásicas, en particular en grego clásico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frederico Maria Bio Lourenço naceu en Lisboa, en 1963, fillo de M. S. Lourenço (1936-2009) e de Manuela Lourenço (1937-1998). Fixo a instrución primaria en Inglaterra (Oxford), onde a familia viviu entre 1965 e 1973. Frecuentou o Lycée Français Charles Lepierre de Lisboa, mais preferiu dedicarse ao estudo da música (Academia dos Amadores de Música, Conservatório Nacional; máis tarde Escola Superior de Música de Lisboa) e da lingua alemá (con profesores e por conta propia desde os 12 anos e despois no Goethe Institut de Lisboa) e por iso fixo o ensino secundario como auto-proposto.[2]

Licenciouse, en 1988, en Linguas e Literaturas Clásicas na Universidade de Lisboa,[3] onde máis tarde se doutorou cunha tese sobre os cantos líricos de Eurípides, sendo aprobado por unanimidade por un xurado que incluíu Maria Helena da Rocha Pereira (Universidade de Coímbra) e James Diggle (Universidade de Cambridge). A tese foi publicada co título "The Lyric Metres of Euripidean Drama" (Coímbra, Classica Digitalia, 2011). De 1989 a 2009 foi docente da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Desde novembro de 2009 foi profesor asociado da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra.[2]

Téndose dedicado durante anos ao estudo e tradución da poesía grega (sobre todo con Homero), comezou a volverse para outros intereses a partir de 2007: Estudos Bizantinos, Xermanística e Historia da Danza.

O 10 de abril de 2008, estreou, con grande éxito crítico, no Teatro da Cornucópia de Lisboa, a súa versión da peza Don Carlos de Friedrich Schiller, con encenificación de Luís Miguel Cintra.

Colaborou coa Cinemateca Portuguesa na elaboración de textos sobre cinema e na realización de catálogos, e nos xornais e revistas O Independente, Expresso, Público, Diário de Notícias, Journal of Hellenic Studies, Classical Quarterly, Euphrosyne, Humanitas, Colóquio-Letras e Os Meus Livros.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Pode um Desejo Imenso (2002). Cotovia.
  • O Curso das Estrelas (2002). Cotovia.
  • À Beira do Mundo (2003). Cotovia.
  • Pode um Desejo Imenso (2006). Cotovia. As tres novelas anteriores novelas nun único volume, de acordo coas intencións do autor.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Santo Asinha e Outros Poemas (2010). Caminho.
  • Clara Suspeita de Luz (2011). Caminho.

Conto[editar | editar a fonte]

  • A Formosa Pintura do Mundo (2005). Cotovia. Secuencia de narracións interligadas sobre a pintura, a música e o desexo, onde se cruzan figuras históricas (Camões, Voltaire) con personaxes da imaginación do autor.
  • Caracteres (2007). Cotovia. Humor satírico.

Crónica[editar | editar a fonte]

  • Amar não Acaba (2004). Cotovia.
  • A Máquina do Arcanjo (2006). Cotovia.
  • Valsas Nobres e Sentimentais (2007). Cotovia.
  • O Lugar Supraceleste (2015). Cotovia.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Grécia Revisitada (2004). Cotovia.
  • Ensaios sobre Píndaro (2006). Cotovia
  • Novos Ensaios Helénicos e Alemães (2008). Cotovia.
  • Estética da Dança Clássica (2014). Cotovia.
  • O Livro Aberto: Leituras da Bíblia (2015). Cotovia.

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Odisseia de Homero (2003). Quetzal Editores, 2015.
  • Ilíada de Homero (2005). En 2019, Quetzal Editores.
  • A Odisseia de Homero Adaptada para Jovens (2018). Quetzal Editores
  • Nova Gramática do Latim (2019). Quetzal Editores.
  • A Ilíada de Homero Adaptada para Jovens (2019). Quetzal Editores.
  • Poesia Grega (2020). Quetzal Editores.

Traduciu tamén dúas traxedias de Eurípides, Hipólito e Íon.

A Biblia[editar | editar a fonte]

En 2016 foi publicado o primeiro volume, dun total de seis, que comprenderán a maior e máis completa Bíblia en portugués xa feita. Previsto para entregar o último volume en 2020, a proposta do tradutor é dar ao lector de lingua portuguesa a sensación de ler o texto bíblico na lingua orixinal, respectando rigorosamente a literalidade contida no idioma orixinal das escrituras. O proxecto conta cun vasto aparato de notas que visa ambientar o lector no contexto histórico e lingüístico das escrituras e no que elas relatan.

  • Bíblia - Volume I - revista e aumentada (2018). Quetzal Editores
  • Bíblia - Volume II (2017). Quetzal Editores
  • Bíblia - Volume III (2017). Quetzal Editores
  • Bíblia - Volume IV, Tomo I (2018). Quetzal Editores
  • Bíblia - Volume IV, Tomo 2 (2019). Quetzal Editores

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2002: Premio PEN Club 2002 (Primeira Obra)[5]
  • 2003: Premio D. Diniz da Casa de Mateus
  • 2003: Gran Premio de Tradución - APT (Assoc. Port TRAD)/ PEN Club 2003
  • 2006: Premio Europa – David Mourão-Ferreira
  • 2008: Premio PEN Clube de Ensaio
  • 2016: Premio Pessoa[6] pola tradución da Bíblia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frederico Lourenço - Grupo Companhia das Letras". www.companhiadasletras.com.br (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  2. 2,0 2,1 "Frederico Lourençp" (PDF). catalogorbb.aefp.pt/ (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xullo de 2020. 
  3. "Frederico Lourenço. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  4. Infopédia. "Frederico Lourenço - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  5. "Frederico Lourenço". anabelamotaribeiro.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  6. Queirós, Luís Miguel. "Frederico Lourenço: Prémio Pessoa para o tradutor de Homero e da Bíblia". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-07-06.