Francisco Gutiérrez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Santiago de Compostela |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco Gutiérrez Ríos, nado en Santiago de Compostela, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de militar, naceu en Santiago porque o seu pai estaba destinado alí, pero mantiña vínculos familiares coa cidade de Ourense e con Rioseco (Paderne)[1]. Trasladáronse aínda sendo neno á Coruña, e estudou nos Salesianos[2]. Estudou na universidade en Madrid e alí comezou a traballar na radio, precisamente en Radio Madrid, onde coincidiu con Pepe Domingo Castaño e Rafael Revert.
Despois trasladouse á cidade da Coruña, onde traballou vinculado ao xornalismo e á publicidade durante catro décadas, en Radio Juventud, Radio Coruña, El Ideal Gallego, DxT Campeón e TodoDeporte. Xubilouse traballando para a radio municipal de Culleredo[1]. Tamén traballou nos anos setenta como pallaso[3] radiofónico, cun trío afeccionado chamado Pim, Pam, Pom (e onde Gutiérrez era Pam).
Obra[editar | editar a fonte]
- Con el ciento del Norte (poemas)
- Detrás de las palabras (2018, biografía).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 R. Blanco, Xabier. "El periodista "Detrás de las palabras" o la chispa ourensana en las ondas". La Región (en castelán). Consultado o 2019-01-16.
- ↑ Gutiérrez, Francisco. "Francisco Gutiérrez Ríos: La CIUDAD QUE VIVÍ". Francisco Gutiérrez Ríos. Consultado o 2019-01-16.
- ↑ "Francisco Gutiérrez Ríos". Blog persoal. Consultado o 2019-01-16.