Fracción do Exército Vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rote Armee Fraktion (RAF)
RAF-Logo.svg
Antiga organización armada de Alemaña Occidental
Líderes Andreas Baader
Ulrike Meinhof
Creación 1970
(desaparecida en 1998)
Área de operacións Alemaña Occidental
Ideoloxía Estrema esquerda
Vencellado a Descoñecidas
Status Últimas accións en 1993
Aparentemente desbandada o 20 de abril de 1998

A Fracción do Exército Vermello (en alemán, Rote Armee Fraktion, ou RAF), tamén coñecida como a banda Baader-Meinhof (polo apelido dos seus dous compoñentes máis significados), foi unha das organizacións terroristas de extrema esquerda máis activas da República Federal Alemá na posguerra.

A RAF pretendía ser un grupo de resistencia ao estilo das guerrillas urbanas de Sudamérica, especialmente dos Tupamaros uruguaios; entendían a guerra de guerrillas como unha loita contra o sistema, o capitalismo e o imperialismo dos Estados Unidos de América nunha contenda internacional de liberación. Operou entre a década dos 70 e 1998, causando grande axitación na Alemaña (especialmente no outono de 1977, que levou a unha crise nacional) e á morte de 34 persoas e 20 membros do grupo debido a diversos atentados.

A Fracción do Exército Vermello na cultura[editar | editar a fonte]

O 13 de marzo de 2009 estreouse o filme Der Baader Meinhof Komplex (R.A.F. Fracción del Ejército Rojo en España e Brigadas rojas Baader Meinhof en América Latina) do director alemán Uli Edel, baseada no libro de título homónimo do escritor Stefan Aust.