Fons Vitae (Museu da Misericórdia do Porto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fons Vitae
Data1515 - 1517
TécnicaÓleo sobre madeira
Dimensións267 cm × 210 cm

Fons Vitae ( portugués : Fonte da Vida ) é un cadro anónimo da escola flamenga realizado entre 1515 e 1517. [1] Este painel monumental pertenceu anteriormente ao retablo da capela da Confraría da Misericordia na Sé Catedral de Porto [2] e hoxe está no Museu da Misericórdia do Porto. [1]

Esta pintura ao óleo sobre madeira é a miúdo considerada unha obra mestra da pintura flamenga [1] e é a peza máis importante deste museo do Porto. [3]

Autoría e encomenda[editar | editar a fonte]

É probábel que o painel fose encargado en Flandres polo rei D. Manuel [4] ou por alguén da súa corte vinculado á Misericordia. [1] Este rei foi de facto o principal impulsor da fundación da confraría e nese momento a cidade de Porto comezaba a ter grandes intercambios comerciais co norte de Europa. [1]

Non se coñece a identidade do pintor. Porén, os expertos atribúeno a Colijn de Coter [1] ou a Bernaert van Orley. [2]

Iconografía[editar | editar a fonte]

O cadro segue a iconografía dun Fons vitae que representa unha alegoría da Eucaristía. [5] A figura central é o corpo de Xesús cuxas feridas rezuman sangue que se acumula nunha fonte. Está flanqueado por María e o apóstolo Xoán que choran a súa morte. Arredor da fonte axeónllanse en oración varios personaxes, entre os que destacan, en primeiro plano, o rei D. Manuel I, a súa segunda muller María de Aragón e os Infantes e Infantas nacidos deste matrimonio. [5]

Esta peculiar representación atopa paralelismos no Tríptico do baño místico do pintor flamengo Jean Bellegambe conservado no Palais des Beaux-Arts de Lille [6] pero principalmente noutro cadro anónimo do século XVII na capela das Santas Chagas da Igrexa da Cividade en Braga. Nesta última, a base da fonte presenta unha inscrición extraída do Libro de Isaías: “haurietis aquas in gaudio de fontibus salvatoris” (E sacaredes con alegría augas das fontes da salvación).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Santa Casa da Misericórdia do Porto (2015). "Fons Vitae" (en Português). Consultado o 16 de julho de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Misericórdia do Porto (2012). "Fons Vitae" (en Português). Consultado o 16 de julho de 2015. 
  3. Redación (15 de julho de 2015). "MMIPO, um novo museu no Porto com 500 anos de história dentro". Público (en Português). 
  4. Redación (13 de maio de 2014). "Obras de arte reunidas ao longo de 500 anos vão ser expostas na Rua das Flores". Público (en Português). 
  5. 5,0 5,1 Casimiro, Luís Alberto (2006–2007). "Pintura e Escultura do Renascimento no Norte de Portugal" (PDF). Revista da Faculdade de Letras (en Português) V–VI: 87–114. 
  6. "Triptyque du Bain Mystique". 
  7. Bellino, Albano (1900). Archeologia christã (en Português). Lisboa. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]