Flanagan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Flanagan é un personaxe creado polos escritores Andreu Martín e Jaume Ribera. O seu nome real é Joan Anguera Cañabate. Trátase dun detective privado que vive nun barrio obreiro de Barcelona

Índice

[editar] Historia e características

Comeza a súa xeira moi novo, cursando Oitavo de EXB (13 anos), e vai medrando conforme lle pasan as historias. As súas aventuras tamén aumentan en importancia. Así, empeza por adiviñar tallas de suxeitadores, e remata resolvendo casos de pedofilia, maltrato, secuestros, ou tráfico de bebés, pero sempre desde unha perspectiva amena, didáctica e xuvenil.

Cada un dos libros é independente dos anteriores, se ben teñen relación uns cos outros e adoitan comezar explicando como terminaron os asuntos que deixou pendentes no anterior, especialmente no tema sentimental.

Fixo unha incursión no terreo da sexualidade co libro O diario vermello de Flanagan, paralelo a O diario vermello de Carlota (escrito por Gemma Lienas), no que ambos describen a experiencia sexual vivida xuntos, pero desde puntos de vista diferentes. Este libro afástase un pouco do estilo das outras novelas, e constitúe en si mesmo unha aventura independente.

Entre as súas parellas están Clara Longo, Carmen Ruano, Nines, María Gual, Blanca Online e Carlota. Ten flirteado con Bruna e con Eva Ferrer.

Ao longo das 12 novelas o personaxe foi crecendo e madurando, tanto nas súas deducións, a súa forma de pensar, e nas situacións nas que se involucra. Os autores deixan ver as súas influencias con mencións a Philip Marlowe ou Sherlock Holmes, así como os seus gustos musicais (Creedence Clearwater Revival, Guns N' Roses...)

[editar] Libros

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


libros da saga de Flanagan, escritos por Andreu Martín e Jaume Ribera
No demanis llobarro fora de temporada (1987) - Tots els detectius es diuen Flanagan (1991) - No te'n rentis les mans, Flanagan (1993) - Flanagan de luxe (1994) - Alfagann é Flanagan (1996) - Flanagan Blues Band (1997) - Flanagan 007 (1998) - Flanagan, só Flanagan (2000) - Els vampirs no creuen en Flanagans (2003) - O diario vermello de Flanagan (2004) - Eu tampouco me chamo Flanagan (2006) - Flanagan Flash-Back (2009)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas