Els vampirs no creuen en Flanagans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Els vampirs no creuen en Flanagans
Autor/aAndreu Martín e Jaume Ribera
OrixeCataluña
Linguacatalán
Xénero(s)Novela negra, literatura xuvenil
Data de pub.2003
Precedido porFlanagan, só Flanagan
Seguido porO diario vermello de Flanagan
editar datos en Wikidata ]

Els vampirs no creuen en Flanagans é un libro de Andreu Martín e Jaume Ribera, publicado en 2003. É o noveno da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

Trama[editar | editar a fonte]

Flanagan, a súa moza Nines e catro máis do grupo de amigos de Nines pasan unha noite de decembro nun piso dela que está en obras. Aproveitan para falar de contos de medo, e de asasinos en serie, como Jack o Destripador, Peter Kürten (o vampiro de Düsseldorf) ou Andrei Chikalito. Cristian propón ir pasar as festas de Nadal a Floc, unha aldea nos Pireneos onde un asasino en serie, un tolo que se cría vampiro, matou a catro persoas. O Pastor Asustado, como é coñecido o tolo do rapaz, está internado nun sanatorio mental.

Hospédanse no hostal onde se cometeu un dos asasinatos, e Flanagan vese obrigado, para demostrar a súa valentía ante Cristian, a pasar a noite nun castelo onde se supón que habitaba o vampiro. Pero o asasino escapou do sanatorio, e o pánico comeza a estenderse entre os turistas hospedados no hostal.

Pero Flanagan descobre que o invento da historia do vampiro e mesmo un asasinato imputado a el, son obra do dono do hostal, que se viu estafado e necesitou matar para conseguir cartos.

Así mesmo, a petición de María Gual, é capaz de desenmascarar a Deep Blue, un rapaz que chateaba coa amiga de Flanagan.

Narración[editar | editar a fonte]

Nesta ocasión, e malia as dúbidas que lle xorden acerca de se lle convén a relación de parella cunha rapaza doutra clase social ben distinta, está moi a gusto con Nines. Non quere facer grandes plans de futuro, pero os aloumiños e apertas son constantes, malia as confusións eternas e os celos imprescindibles.