O diario vermello de Carlota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O diario vermello de Carlota
Título orixinalEl diari vermell de la Carlota
Autor/aGemma Lienas
CubertaFausto C. Isorna
OrixeCataluña
Linguacatalán
ColecciónCosta Oeste
Xénero(s)literatura xuvenil
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2004
Formatorústico cosido a fío
Páxinas316
ISBNISBN 978-84-8288-869-9
Precedido porEl diari lila de la Carlota
Seguido porEl gran llibre de la Carlota
TraduciónSilvia Gaspar
editar datos en Wikidata ]

O diario vermello de Carlota é un libro escrito no 2003 por Gemma Lienas, publicado orixinalmente en catalán como El diari vermell de la Carlota. É o cuarto libro da saga protagonizada por Carlota. Este libro, parello a O diario vermello de Flanagan, de Andreu Martín e Jaume Ribera, segue a liña da saga. Neste caso é un libro de divulgación sobre a sexualidade, escrito para adolescentes. Foi traducida ao galego por Silvia Gaspar, que tamén traduciu O diario vermello de Flanagan, pero hai personaxes con traducións diferentes dos nomes, como Marc (Marcos) e Mireia (Mireya).

Trama[editar | editar a fonte]

A trama dura entre comezos de febreiro e mediados de abril. Carlota coñece na estación do metro a Flanagan, e comezan a falar. Carlota dille que vai comezar un diario vermello, onde porá as súas ideas, experiencias e esperanzas sobre a sexualidade. Flanagan decide escribir un el tamén, para ó rematalo intercambialo e comparar dúbidas e aprender xuntos.

Pero a situación sáese de nai, e o que comezara como unha relación marcada por ese eixo, axiña se torna unha relación con forte carga sentimental, cos problemas que iso xera. A Carlota aínda lle gusta Koert, un rapaz holandés, e Flanagan tamén está confundida, pois aínda non deixou a relación con Nines, malia que pasan por unha época ben fría .

Logo de perderen a virxindade xuntos e de moitos sentimentos contraditorios, rematan como amigos. Carlota ten previsto viaxar a Ámsterdam para ver a Koert.

Temática[editar | editar a fonte]

Máis alá da trama, o libro tamén serve de manual. Fala extensamente de métodos anticonceptivos, tendencias sexuais, enfermidades de transmisión sexual, e da relación entre o sexo e o amor.

Carlota recolle no seu diario inclúe moitos informes tirados de libros, crónicas de charlas feitas na clase e conversas con familiares e amigas, ademais de todo o que vai aprendendo con Flanagan.

Adaptación cinematográfica[editar | editar a fonte]

O 23 de xullo de 2010 estréase a adaptación cinematográfica, unha comedia xuvenil dirixida por José Manuel Carrasco e protagonizada por actores do mundo da televisión (Maxi Iglesias e David Castillo) e debutantes (Andrea Ros e Lydia Fairen). A adaptación non inclúe o personaxe de Flanagan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web da editorial.