Batalla de Courtrai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Courtrai enfrontou a Filipe IV de Francia coas milicias comunais flamengas o 11 de xullo de 1302, preto de Courtrai, chamada tamén batalla das esporas de ouro.

Batalla de Courtrai (1302)

Preámbulo[editar | editar a fonte]

A industria téxtil fixera prosperar a Flandres, provincia do norte do reino de Francia. Usaba a la, esencialmente importada de Gran Bretaña. Os artesáns tecedores e comerciantes opinaban que as taxas elevadas polo rei Filipe IV de Francia o Fermoso para prexudicar a Inglaterra era elevadas de máis.

Gui de Dampierre, Conde de Flandres, que se puxera de parte dos seus tecedores, foi deposto e encarcerado en París.

Despois das "Mâtines de Bruxas" os rebeldes dominaban a rexión salvo dúas prazas fortes: Cassel e Courtrai. Despois de dous ataquen en van á cidade, os 60.000 sitiadores foron atacados polo exército de cabaleiros francés, baixo mando de Robert d'Artois.

Batalla[editar | editar a fonte]

Os «Klauwaerts» (partidarios da pouta) acurralados por dez cabaleiros e os dous fillos de Gui de Dampierre, están nun outeiro, á beira do Lys. Os cabaleiros franceses aséntanse no outeiro de Mossemberg.

Tras un intercambio de frechas os franceses fan avanzar a súa infantería ata o foxo. Pero a cousa sae mal e ata o mesmo Robert d'Artois é morto.

Despois da batalla, os flamengos recollerán da lama dos campos de Groninga 500 esporas de ouro que irán ornar a igraxa de Notre-Dame de Courtrai.

Despois da batalla[editar | editar a fonte]

Filipe o Fermoso obterá unha revancha dous anos despois na batalla de Mons-en-Pévèle onde combaterá el mesmo valentemente en primeira liña.

Os franceses recuperan as esporas e lévanas a unha igrexa de Dijon!

O 23 de xuño de 1305, unha paz de compromiso asinada en Athis-Mons permitirálle ó rei anexionar soamente Lille, Douai e Béthune. Francia terá agora acadado a fronteira que será aínda súa sete séculos máis tarde malia numerosas guerras por ela.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]