Ferroplasma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ferroplasma é un xénero de arqueas do que se coñecen polo momento tres especies e cuxa especie tipo é Ferroplasma acidiphilum[5], un microorganismo acidófilo oxidante do ferro.[6][7] A diferenza doutros membros da clase Thermoplasmata, F.acidiphilum é un mesófilo que crece optimamente a unha temperatura de aproximadamente 35 °C e a un pH de 1,7. Encóntrase xeralmente en minas ácidas, principalmente as de pirita (FeS2). É especialmente abondoso cando hai drenaxes ácidas nas que outros microorganismos como Acidithiobacillus e Leptospirillum fixeron baixar o pH, o que permite que o acidófilo obrigado F. acidiphilum poida prosperar. Ferroplasma forma fitas viscosas sobre a superficie da pirita.

Fisioloxicamente, F. acidiphilum é un quimioautótrofo e obtén enerxía por oxidación do ferro ferroso procedente da pirita usando oxíxeno como aceptor final de electróns e fixa dióxido de carbono[8]. Este proceso produce como residuo ácido sulfúrico, o que leva á acificación do ambiente no que vive.

Os sulfuros sofren as seguintes reaccións:

FeS2 + 3½ O2 + H2O → Fe2+ + 2 SO42- + 2 H+

FeS2 + 14 Fe3+ + 8 H2O → 15 Fe2+ + 2 SO42- + 16 H+.[9]

A reacción desprázase cara á oxidación de FeS2.

F. acidiphilum, igual que Thermoplasma, non ten parede celular. Porén, ao contrario que Thermoplasma, a membrana plasmática de F. acidiphilum non contén lípidos tetra-éter.

F. cupricumulans (sinónimo F. cyprexacervatum) é tamén quimioautótrofo sen parede celular e vive en zonas con sulfuro en drenaxes mineiras, pero é moderadamente termófilo (temperatura óptima 53,6 °C) e tamén é moi acidófilo (pHs óptimos de crecemento entre 1,0 e 1,2).[10]

F. acidarmanus foi atopado en drenaxes ácidas da mina de Iron Mountain, California, onde é unha especie dominante e vive quimioautótrofamente oxidando ferro e sulfuro nas piritas, o seu pH óptimo é 1,2, pode vivir con altas concentracións de metais, e crece máis rapidamente que F. acidiphilum.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CBaker-Austin, C. (2005-08-01). "Molecular insight into extreme copper resistance in the extremophilic archaeon 'Ferroplasma acidarmanus' Fer1". Microbiology (en inglés) 151 (8): 2637–2646. ISSN 1350-0872. doi:10.1099/mic.0.28076-0. 
  2. LPSN, Ferroplasma
  3. Hawkes, R.B., Franzmann, P.D., O'Hara, G., and Plumb, J.J. "Ferroplasma cupricumulans sp. nov., a novel moderately thermophilic, acidophilic archaeon isolated from an industrial-scale chalcocite bioleach heap." Extremophiles (2006) 10:525-530.
  4. GBIF.ORG Species in NCBI Taxonomy[Ligazón morta]
  5. Na literatura máis moderna aparece escrito acidiphilum en vez de acidophilum. LPSN IJSEM[Ligazón morta]
  6. See the NCBI páxina de Ferroplasma. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2014-06-24. 
  7. Golyshina, O.V., Pivovarova, T.A., Karavaiko, G.I., Kondrat’eva, T.F., Moore, E.R.B., Abraham, W.-R., Lunsdorf, H., Timmis, K. N., Yakimov, M.M. and Golyshin, P.N. (2000). "Ferroplasma acidiphilum gen. nov., sp. nov., an acidophilic, autotrophic, ferrous-iron-oxidizing, cell-wall-lacking, mesophilic member of the Ferroplasmaceae fam. nov., comprising a distinct lineage of the Archaea". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 60: 997–1006. 
  8. Manuel Ferrer, Olga V. Golyshina, Ana Beloqui, Peter N. Golyshin & Kenneth N. Timmis. The cellular machinery of Ferroplasma acidiphilum is iron-protein-dominated. Nature 445, 91-94 (4 January 2007) doi:10.1038/nature05362 October 2006. [1]
  9. Madigan, M.T. and Martinko, J.M. (2005). Brock Biology of Microorganisms, 11th Ed. Pearson Prentice Hall. 
  10. Hawkes RB, Franzmann PD, O'Hara G, Plumb JJ. . Ferroplasma cupricumulans sp. nov., a novel moderately thermophilic, acidophilic archaeon isolated from an industrial-scale chalcocite bioleach heap. Extremophiles. 2006 Dec;10(6):525-30. Epub 2006 May 24. PMID 16721487
  11. Mark Dopson, Craig Baker-Austin, Andrew Hind, John P. Bowman, Philip L. Bond. Characterization of Ferroplasma Isolates and Ferroplasma acidarmanus sp. nov., Extreme Acidophiles from Acid Mine Drainage and Industrial Bioleaching Environments. Appl Environ Microbiol. Apr 2004; 70(4): 2079–2088. doi: 10.1128/AEM.70.4.2079-2088.2004 PMCID: PMC383147. [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bases de datos científicas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]