Fernando de Castro Pires de Lima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando de Castro Pires de Lima
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1908 Editar o valor em Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , médico , etnólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Fernando de Castro Pires de Lima, nado no Porto o 10 de xuño de 1908 e finado no mesmo lugar o 3 de xaneiro de 1973, foi un médico, profesor, escritor e etnógrafo portugués.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando Pires de Lima naceu o 10 de xuño de 1908 no Porto, fillo de Joaquim Alberto Pires de Lima.[2] Os de Lima son descendentes pola liña feminina de D. Leonel de Lima, 1. ° Vizconde de Vila Nova de Cerveira, e a súa muller D. Filipa da Cunha. Tamén era sobriño de Augusto César Pires de Lima.

Licenciouse en Medicina na Facultade de Medicina da Universidade do Porto.[3]

Exerceu como axudante e director da Enfermería do Hospital Xeral de Santo António, foi profesor de Hixiene no Conservatorio de Música do Porto e director da Biblioteca Popular e do Arquivo de Medicina Popular. Tamén presidiu o Instituto de Etnografía e foi director do Museo de Etnografía e Historia de Porto como etnógrafo.

Ademais dos seus traballos publicados, tamén participou en varias publicacións científicas e publicacións periódicas nacionais e estranxeiras, entre as que destacan Revista de Guimarães, Revista Lusitana e Revista de Tradiciones y Dialectologia (Madrid). A súa colaboración tamén se atopa nas revistas Feira da Ladra[4] (1929-1943) e na 3ª serie da revista Germen[5] (1935-1938).

Tamén foi membro de asociacións científicas e culturais nacionais e estranxeiras como a Asociación de Arqueólogos do Instituto de Coimbra, a Sociedade de Antropoloxía e Etnoloxía de Porto, o Instituto de Historia e Etnografía de Lisboa, o Instituto de Antropoloxía de París, a Sociedade de Folclore do Brasil, a Federación de Academias de Letras do Brasil, a Asociación de Escritores Médicos de Madrid, a Real Academia Galega, o Seminario de Estudos Galegos, a Asociación de Xornalistas e Letras do Porto, a Academia das Ciencias., entre outros. [6]

Foi nomeado Cabaleiro da Orde da Instrución Pública o 26 de xuño de 1940.[7]

Fernando Pires de Lima morreu o 3 de xaneiro de 1973, na cidade onde naceu, no Porto.[8]

Sempre estivo moi interesado pola cultura galega,[9] como demostra no estudo Identidades Galaico-Minhotas no "Cancioneiro de S. Simâo de Novais" (1934).

Obras[editar | editar a fonte]

Autor de numerosas obras, entre outras:

  • A Metafísica perante a inquietação científica (1937)
  • Cantares do Minho (1937-1942), em 2 volumes
  • Tradições Populares de Entre-Douro-e-Minho (1938)
  • O Vinho Verde na Cantiga Popular (1939), em colaboração com a irmã, Maria Clementina
  • Salazar no vértice de oito séculos de história
  • O Simbolismo Cristão na Cantiga Popular (1941)
  • Ensaios (1943)
  • Romanceiro Minhoto (1943), em co-autoria com o seu pai Joaquim Pires de Lima
  • São João na alma do Povo (1944)
  • O amor na quadra popular (1945)
  • Nossa Senhora de Portugal (1947), em co-autoria com o seu pai Joaquim Pires de Lima
  • A Sereia na História e na Lenda (1952)
  • Manta de retalhos (1963), com prefácio do Prof. Marcelo Caetano

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Universidade Digital / Gestão de Informação (2009). "Antigos Estudantes Ilustres da Universidade do Porto: Pires de Lima". Consultado o 2014-05-11. 
  2. Universidade Digital / Gestão de Informação (2009). "Antigos Estudantes Ilustres da Universidade do Porto: Pires de Lima". Consultado o 2014-05-11. 
  3. Universidade Digital / Gestão de Informação (2009). "Antigos Estudantes Ilustres da Universidade do Porto: Pires de Lima". Consultado o 2014-05-11. 
  4. "Feira da ladra : revista mensal ilustrada (1929-1942), Tomo IX, páginas 204 a 206" (PDF). Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  5. Helena Roldão (12 de Fevereiro de 2019). "Ficha histórica:Germen : revista dos estudantes de medicina do Porto : medicina, cultura e vida académica (1932-1938)" (pdf). Consultado o 27 de Feberiro de 2019. 
  6. Universidade Digital / Gestão de Informação (2009). "Antigos Estudantes Ilustres da Universidade do Porto: Pires de Lima". Consultado o 2014-05-11. 
  7. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Fernando Pires de Lima". Consultado o 2014-05-11. 
  8. Universidade Digital / Gestão de Informação (2009). "Antigos Estudantes Ilustres da Universidade do Porto: Pires de Lima". Consultado o 2014-05-11. 
  9. "Fernando de Castro Pires de Lima" (PDF). cervantes.es.