Fast Auroral Snapshot Explorer
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observación terrestre. |
| Fabricante | |
| Organización | NASA[1] |
| Data de lanzamento | 21 de agosto de 1996[2][3][4] |
| Foguete portador | Pegasus XL[3][1] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg das Forzas Aéreas[3][5] |
| Obxectivo da misión | Observación e estudio das auroras polares.[3][5] |
| NSSDC ID | 1996-049A |
| Masa | 187 kg[1][3] |
| Dimensións | 1,8 m de lonxitude.[5] |
| Potencia | 60 vatios[3] |
| Semieixo maior | 8380,9 km[2] |
| Inclinación | 83 graos[2] |
| Apoapse | 3664,7 km[2] |
| Periapse | 355 km[2] |
FAST, acrónimo de Fast Auroral Snapshot Explorer, tamén coñecido como Explorer 70, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 21 de agosto de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg das Forzas Aéreas.[3][1]
Índice |
Características [editar]
A misión de FAST consistiu no estudio da física do plasma dos fenómenos aurorais cunha alta resolución espacial e temporal, no rango dos microsegundos. O satélite foi lanzado a una órbita moi excéntrica e case polar que precesiona un grao por día.[3][1]
FAST estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 12 revolucións por minuto, co eixo de xiro situado perpendicular ó plano orbital. Leva a bordo unha memoria de estado sólido de 1 Gbit de capacidade e unha velocidade de adquisición de datos de 8 Mbps.[3][1] A alimentación eléctrica proporciónana células solares de arseniuro de galio montadas no corpo do satélite.[5]
A misión finalizou o 4 de maio de 2009.[3][1]
Instrumentos [editar]
FAST leva catro instrumentos a bordo:[3][1]
- ESA (Electrostatic Analyzers): dezaséis analizadores que miden a distribución de electróns e ións no rango de enerxías entre 3 eV e 30 keV.[3][1][5]
- TEAMS (Time-of-flight Energy Angle Mass Spectrograph): mide a distribución tridimensional das especies iónicas principais mediante un espectrómetro de masas.[3][1][5]
- Magnetómetros triaxiais de porta de fluxo e de bobinado: miden os campos magnéticos mediante dous magnetómetros dispostos en mástiles separados 180 graos.[3][1][5]
- Campo eléctrico/sonda Lagmuir: miden a temperatura e densidade do plasma, así como o seu campo eléctrico, mediante tres mástiles ortogonais.[3][1][5]
Notas [editar]
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Explorer: FAST (SMEX 2)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_fast.htm. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "FAST" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=24285. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 "FAST" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1996-049A. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (97-25680T): 35. 31 de xullo de 1997. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=427.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 "FAST" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/fast.htm. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.