FC Barcelona de fútbol praia
A sección de fútbol praia do FC Barcelona naceu en 2011, converténdose na 13ª sección deportiva activa do club catalán. Por mor da inexistencia dunha liga nacional deste deporte en España, o equipo adícase a encontros amigables ou de exhibición, principalmente durante as estacións de primavera e verán. Por tratarse do club máis importante do país neste deporte, o FC Barcelona de fútbol praia foi o único equipo español convidado en 2011 e 2012 ás 2 primeiras edicións do Mundial de Clubs disputadas en Brasil, caendo en ámbalas dúas ocasións na rolda de cuartos de final ante o Sporting Club de Portugal.
O equipo está adestrado polo internacional galego Ramiro Amarelle, que exerce funcións de xogador-adestrador. Outro xogador importante do equipo é José Mari Bakero, o ex-xogador internacional de fútbol. O resto do cadro de xogadores está formado por nomes como os campións do mundo con Rusia en 2011 Egor Eremeev, Andrey Bukhlistkiy (porteiro) e Dimitriy Shishin, o internacional español Cristian Torres, e o internacional senegalés Al Seyni N'Diaye (porteiro).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Información sobre as participacións do FC Barcelona no Mundial de Clubs de fútbol praia (en castelán)
|
|||||||||||||||||||||||||||