Eugeni d'Ors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento a Eugenio d'Ors.

Eugeni d’Ors i Rovira, nado en Barcelona o 28 de setembro de 1881 e finado en Vilanova i la Geltrú o 25 de setembro de 1954, foi un escritor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito en Barcelona e doutorouse en Madrid en 1905. Dende 1906 colabora en La Veu de Catalunya co alcume de Xènius e encabezou o movemento do novecentismo catalán. Secretario do Institut d'Estudis Catalans en 1911. Nomeado director de Instrución Pública da Mancomunidade de Cataluña en 1917, dimite en 1920 tras a morte de Prat de la Riba por desavinzas coa nova dirección da Lliga Regionalista e en 1923 establécese en Madrid, onde en 1927 entra na Real Academia Española. En 1938 durante a Guerra civil española encargouse da Xefatura Nacional de Belas Artes do goberno de Burgos.

Obra[editar | editar a fonte]

En catalán[editar | editar a fonte]

  • La fi d’Isidre Nonell, 1902 (narración)
  • Gloses de quaresma, 1911
  • La ben plantada, 1911
  • Gualba la de mil veus, 1911
  • Oceanografia del tedi, 1918
  • La vall de Josafat, 1918
  • Gloses de la vaga, 1919

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Estudios de arte (1932)
  • Introducción a la vida angélica. Cartas a una soledad, 1939
  • Novísimo glosario (1946)
  • El secreto de la filosofía, 1947
  • La verdadera historia de Lidia de Cadaqués, 1954