Estreliña riscada
| Estreliña riscada | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Regulus ignicapillus | ||||||||||||
A estreliña riscada (Regulus ignicapillus) é un dos paxaros máis pequenos de Europa, aínda máis có seu parente a estreliña do norte, á que se semella moito.
Índice |
[editar] Descrición
Son paxaros duns 9 cm de lonxitude que pesan só entre 4 e 6,5 gramos. Ten unha envergadura de alas que vai dos 13 ós 16 cm. O seu aspecto é moi semellante ó da estreliña do norte: teñen o lombo verde amarelado, a barriga gris, as alas son máis escuras e teñen dúas listas brancas. A súa marca distintiva e a lista branca que lles vai por sobre dos ollos, que é algo máis intensa de cores cá na outra especie. A liña negra sobre desta lista branca está algo máis marcada ca na estreliña do norte. Os dous sexos son case iguais, agás pola pequena crista que teñen na cabeza e que erguen na época reprodutora, que nos machos é alaranxada e nas femia máis amarelada.
Aliméntanse de arañas, insectos e larvas.
A estreliña de Madeira, antigamente considerada unha subespecie (R. i. Madeirensis) da estreliña riscada, é agora considerada unha especie independente co nome científico de Regulus madeirensis. Ten unha lista superciliar máis curta, a crista e dun laranxa máis escuro e o bico, máis longo.
[editar] Hábitat
Viven en bosque de coníferas ou mixtos e en parques. Non dependen tanto do bosque de coníferas coma a estreliña do norte e súa área de distribución non chega tan ó norte coma a desta. Viven preferentemente no sur e centro de Europa. As aves das zonas de distribución máis setentrional son migratorias.
[editar] Reprodución
Os niños, que teñen forma de bóla, están feitos con brión, liques e teas de araña. Son construídos polas femias que os penduran case sempre na parte inferior dunha póla. Poñen entre sete e once ovos, que chocan as femias unhas dúas semanas. Habitualmente crían dúas niñadas ó ano.
[editar] Nomes vulgares noutras linguas
- Alemán: Sommergoldhähnchen
- Español: Reyezuelo listado
- Francés: Roitelet triple-bandeau
- Inglés: Firecrest
- Neerlandés: Vuurgoudhaantje
- Polaco: Zniczek
- Sueco: Brandkronad kungsfågel