Estanislao Cantero Izquierdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstanislao Cantero Izquierdo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata (115/116 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
MorteArxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Estanislao Cantero Izquierdo, nado en Pontevedra en 1908 e finado na Arxentina, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zapateiro e militante do PCE. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Valencia. Alistouse como voluntario e loitou no bando republicano na fronte asturiana ata a súa caída en 1937. Detido ao rematar a guerra, estivo preso no campo de concentración de Miranda de Ebro. Despois foi enviado a un batallón de traballadores. Cando o puxeron en liberdade foi a Vigo como secretario xeral da Unión Nacional Española local. Foi detido en 1945. Logrou fuxir e integrouse no destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que loitaba na comarca de Vigo baixo as ordes de Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes. Foi procesado con Víctor García García, Teófilo Fernández Canal e Francisco Rey Drox na causa 75/1946 da Coruña.[1] O 28 de setembro de 1946 participou nun atraco en Gaxate. Despois da morte de Manuel Simón e Avelino Otero en maio de 1947 desfíxose o grupo. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Manuel Álvarez Díaz, Claudio Rodríguez Vázquez, Basilio Calvar Solla e Eugenio Rueda Perosanz.[2] Logrou fuxir a Arxentina onde fundou unha familia e morreu a unha avanzada idade.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con María Bello Torres en novembro de 1943.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 18-11-1943, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. pp. 462–463. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 45. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]