Gaxate, A Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaxate
Gaxate.jpg
Igrexa parroquial.
Concello A Lama
Poboación 187 hab. (2004)
Entidades de poboación 12

San Pedro de Gaxate é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 187 habitantes (108 mulleres e 79 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 203 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia está bañada polo río Oitavén. Sitúase xunto a Verducido, ó sur do concello. Limita ao norte con Xende e ao oeste con Forzáns (Ponte Caldelas).

Demografía[editar | editar a fonte]

Os habitantes desta parroquia van minguando co paso do tempo, debido á emigración das súas xentes a Portugal, Brasil e Europa, na súa maioría. Proba deste feito son as múltiples evidencias arquitectónicas que podemos admirar, como os pazos ou as casas señoriais, algunhas de estilo indiano. Os seus habitantes, con nostalxia, aínda lembran os anos dourados de Gaxate, onde abundaban as tardes de festa e cine, as xuntanzas, faladoiros e os primeiros paseos en coche.

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos arqueolóxicos achados no castro de Gaxate indican que foi unha zona habitada dende tempos remotos.

Durante o feudalismo, os nobres ocupaban o poder e posuían ostentosas casas que aínda hoxe se poden atopar. Máis tarde, no século XV, Gaxate pertenceu ao Condado de Soutomaior, e crese que Pedro Madruga e a súa esposa Dona Urraca tiveron casa en Gaxate.

Gaxate era un lugar innovador, foi a primeira parroquia do municipio e unha das primeiras da provincia que contou con luz eléctrica grazas á enerxía xerada por unha fábrica de electricidade alí situada.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Gaxate[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Gaxate no concello da Lama (Pontevedra)

A Aldea | O Castro | A Cavada | O Eido de Abaixo | A Igrexa | Os Muíños | O Pereiral | A Ponte | A Ramadiza | Ramil | As Rañas | A Rocha

Parroquias da Lama[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Lama

Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]