Estación de Almassora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°57′17″N 0°04′36″O / 39.954722222222, -0.076666666666667

Almassora
Estación de Almassora.
SituaciónAlmassora (Castelló)
Servizos
Liñas
Cercanías (Proximidades Valencia)

A estación de Almassora é unha estación de tren de Adif situada na localidade castellonense de Almassora, na comarca da Plana Alta. Pertence á liña línia C-6 de Proximidades Renfe de Valencia. Está situada na confluencia da Rúa Estación e a Rúa do Ferrocarril, no Polígono Indurtrial Millars, ao noroeste do núcleo urbano.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación se encontra dentro do Corredor mediterráneo, no punto quilométrico 65,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Valencia con Sant Vicenç de Calders a 44,14 metros de altitude.[1] A súa situación no Corredor fai que por ela pasen moitos trens de longa distancia sen parar.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 26 de decembro de 1862 coa apertura do tramo Nules-Castellón da liña que pretendía unir Valencia con Tarragona.[2] As obras correron a cargo da Sociedad de los Ferrocarriles de Almansa a Valencia y Tarragona ou AVT, que previamente e baixo outros nomes lograra unir Valencia con Almansa.[2] En 1889, a morte de José Campo Pérez, principal impulsor da compañía abocou á mesma a unha fusión coa Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. En 1941, logo da nacionalización do ferrocarril en España, a estación pasou a ser xestionada pola recentemente creada Renfe.

Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña, mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Proximidades[editar | editar a fonte]

<< cabeceira < estación liña estación > cabeceira >>
Valencia-Estació del Nord Vila-real Castelló de la Plana

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]