Escola de Frankfurt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adorno e Horkheimer, expoñentes da Escola.

A Escola de Frankfurt foi unha corrente académica de mediados do século XX que abrangueu as investigacións de varios sociólogos, psicólogos, economistas e filósofos neo-marxistas asociados ao Instituto de Investigacións Sociais da Universidade de Frankfurt.

O proxecto do Instituto consistía en renovar a teoría marxista da época, incidindo sobre todo no desenvolvemento interdisciplinario e na reflexión filosófica sobre a práctica científica. Para esta tarefa conseguiu concitar os esforzos de estudiosos de diferentes ámbitos. A Escola foi a primera institución académica alemá que abrazou abertamente o marxismo. Transladouse ao exilio americano durante o réxime nazi, para regresar a Frankfurt após a vitoria aliada.

Malia a que o Instituto continuou activo so a dirección de Axel Honneth, adoito considérase Jürgen Habermas o último membro da Escola de Frankfurt como tal.

Principais pensadores da Escola de Frankfurt[editar | editar a fonte]