Ernest Borgnine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernest Borgnine
ErnestBorgnineApr10.jpg
Borgnine en 2010
Nacemento Ermes Effron Borgnino
24 de xaneiro de 1917
Hamden, Connecticut
Falecemento 8 de xullo de 2012
Os Ánxeles, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión actor
Cónxuxe(s) Rhoda Kemins (1949–1958)
Katy Jurado (1959–1963)
Ethel Merman (1964-1965)
Donna Rancourt (1965-1972)
Tova Traesnaes (1973-2012)
Ficha na IMDb

Ermes Effron Borgnino, nado en Hamden (Connecticut) o 24 de xaneiro de 1917 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 2012, foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes italianos, uniuse ao exército dos Estados Unidos en 1935, tras rematar o instituto. Deixouno en 1941 pero realistouse tras o ataque a Pearl Harbor, servindo nel ata 1945. Tras acabar a Segunda Guerra Mundial decidiu estudar interpretación, comezando a súa carreira teatral en 1947. O seu primeiro gran papel no cinema foi en From Here to Eternity, en 1953. Dous anos despois, gañou o oscar ao mellor actor por Marty.

Tivo tamén unha longa carreira na televisón, en series coma McHale’s Navy ou Airwolf. Puxo voz a Mermaid Man na serie de animación SpongeBob SquarePants. Seguiu actuando ata pouco tempo antes da súa morte.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1953 From Here to Eternity
1954 Johnny Guitar
1954 Demetrius and the Gladiators
1954 Vera Cruz
1955 Bad Day at Black Rock
1955 Marty
1955 The Last Command
1956 Jubal
1956 The Best Things in Life Are Free
1958 The Vikings
1958 Torpedo Run
1961 Barabbas
1965 The Flight of the Phoenix
1966 The Oscar
1967 The Dirty Dozen
1968 Ice Station Zebra
1969 The Wild Bunch
1971 Bunny O’Hare
1972 The Poseidon Adventure
1979 The Black Hole
1980 When Time Ran Out
1981 Escape from New York
1997 Gattaca
1998 BASEketball
2002 11'09"01 September 11
2004 Blueberry

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]