SpongeBob SquarePants

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

SpongeBob SquarePants (en galego, BobEsponxa PantalónsCadrados) é unha serie de animación estadounidense creada por Stephen Hillenburg. O protagonista é o que dá o nome á serie. SpongeBob vive no fondo do océano Pacífico, en Bikini Bottom, nunha piña, onde reside en compañía do seu caracol, Gary. Traballa no Krusty Krab en compaña de Squidward Tentacles, e o seu xefe é Eugene Krabs.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • SpongeBob: é o protagonista da serie, unha esponxa de cor amarela.
  • Patrick Star: é unha estrela de mar, amigo de SpongeBob, que vive baixo unha pedra.
  • Sandy Cheeks: é un esquío que vive baixo unha cápsula onde pode respirar, viste un traxe de astronauta.
  • Squidward Tentacles: veciño de Bob, adora tocar o clarinete, e ao que Bob sempre anda a amolar.
  • Eugene Krabs: é un cangrexo, xefe de Bob e propietario do restaurante Krusty Krab.
  • Sheldon Plankton: é un pequeno anaco de plancto, que loita por conseguir a receita da hamburguesa Krabby Patty.
  • Gary: é un caracol, mascota de Bob.