Era unha vez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lema "Era unha vez" (en francés, Il était un fois) baixo unha ilustración da Carapuchiña vermella.

Era unha vez[1] é unha fórmula de expresión que, na tradición popular, introduce un conto, e en particular unha fábula ou un conto de fadas. Trátase da frase que abre o relato e fai alusión a un tempo pretérito indeterminado. É habitual, tamén na oralidade, nos contos infantís.

De acordo co Oxford English Dictionary, a expresión apareceu na lingua inglesa xa en 1385 (escrita por Geoffrey Chaucer en Os contos de Canterbury, como Once upon a time[2]). Con todo, nunha lingua romance o primeiro rexistro que existe chega a través de Charles Perrault, que a enunciou en lingua francesa como Il était une fois[3]. A expresión aparece no inicio de sete dos oito escritos en prosa de Perrault[4].

É así mesmo unha fórmula amplamente instalada noutros idiomas: Det var engang (dinamarqués), C'era una volta (italiano), Era uma vez (portugués), Érase una vez (castelán), Es war einmal (alemán)...

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Ser.. Exemplo de uso na acepción 1ª.
  2. Once upon a time en World Wide Words (en inglés).
  3. «Il était une fois» na edición de orixe da recompilación dos Contes de ma mère l'Oye, do século XVII.
  4. Charles Perrault, Contes (introdución, noticias e notas de Catherine Magnien), Edicións Le Livre de Poche Classique.