Enrique González Luaces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique González Luaces
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1885 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
León, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Enrique González Luaces, nado en Vilalba o 21 de agosto de 1885 e finado en León o 30 de novembro de 1953, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo a licenciatura en 1908 e o doutoramento en 1913. Exerceu de médico titular de asistencia pública na localidade leonesa de Pajares de los Oteros, onde coñeceu a Consuelo Fernández Llamazales-Santos, propietaria de viñedos, coa que casou tempo despois.

En 1920 trasladouse a Alemaña e Suíza cunha bolsa da JAE para ampliar estudos de uroloxía nas universidades de Múnic e Zúrich.[1] Regresou a León en 1921 e foi nomeado secretario do Colexio de Médicos de León (30 de novembro de 1921), elaborando o seu primeiro Regulamento Interior. En 1931 ocupou a presidencia do Colexio de Médicos, co apoio de Enrique Salgado Benavides, sendo reelixido en varias ocasións.

Entre 1934 e 1936, cando a corporación municipal foi rexida por unha xestora nomeada polo goberno radical-cedista a raíz dos sucesos revolucionarios de outubro de 1934, foi nomeado alcalde de León. Debido ás persecucións que sufrían os médicos rurais acordou crear un Fondo de Axuda Mutua. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de 1936, foi substituído polo socialista Miguel Castaño.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936[2]), quedou ao mando da situación o xeneral Carlos Bosch Bosch, que logo de controlar a cidade, destituíu ao alcalde Miguel Castaño e propuxo a González Luaces como alcalde. Tomou posesión o 21 de xullo e permaneceu no cargo unhas semanas, pois o 22 de agosto foi designado vogal e presidente da Deputación, substituíndo a Joaquín López Robles.

Acusado de masón e pola súa relación coa institución educativa Sierra Pambley, tivo que abandonar a actividade política en 1938. Dedicouse a exercer a medicina, nas especialidades de uroloxía e radioloxía, e a atender os negocios familiares, os viñedos de Pajares de los Oteros. Polo seu prestixio como enólogo, obtivo a Medalla de Oro nunha exposición en Barcelona.

Morreu o 30 de novembro de 1953 dun infarto xogando unha partida de cartas.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Subsecretaría.- Rehabilitando desde 1º del actual, por el tiempo y las cantidades para pensión, matrículas y viajes que se mencionan, las pensiones que se indican concedidas para realizar estudios en el extranjero." (PDF). Gaceta de Madrid (Madrid) (31): 349. 31 de xaneiro de 1920. Consultado o 12 de octubre de 2017. 
  2. Golpe de Estado en León: la Guardia Civil sale a la calle y los militares ocupan la ciudad - ileon.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]