Enrique Cabaleiro González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Cabaleiro González
Biografía
NacementoTui, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Tui
2019 –
← Carlos Vázquez Padín
Alcalde de Tui
2015 – 2017
← Moisés Rodríguez PérezCarlos Vázquez Padín → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Enrique Cabaleiro González, nado en Tui, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito. É funcionario de prisións.

Foi concelleiro de medio ambiente en Salceda de Caselas polo PSdeG de 2007 a 2011.[1] Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura socialista en Tui e logrou 2 concelleiros. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tui, logrou 3 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de Alternativa Tudense, Son de Tui, BNG, Converxencia 21 e Alternativa Popular de Tui.[2][3] En outubro de 2017 foi desaloxado da alcaldía por Carlos Vázquez Padín (C 21) logo dunha moción de censura, cos votos do PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses.[4] Nas eleccións municipais de 2019 recuperou a alcaldía ó quedarse o PSdeG a tan só 1 voto de conseguila maioría absoluta, a cal incluso nun principio se lle outorgou.[5][6] Nas eleccións municipais de 2023, renovou a alcaldía ao conseguir 6 concelleiros e contar co apoio do BNG.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. V., R. (20 de marzo de 2023). "Candidato por el PSdeG-PSOE a la alcaldía deTui". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  2. Redacción (14 de xuño de 2015). "El socialista Enrique Cabaleiro, alcalde de la historia de Tui con más votos de otros grupos". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  3. Redacción (14 de xuño de 2015). "ENRIQUE CABALEIRO TOMA POSESIÓN COMA ALCALDE DE TUI". infominho.com (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  4. Redacción (17 de outubro de 2017). "Vázquez Padín é o novo alcalde de Tui despois de que prosperara a moción de censura". crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  5. Bernárdez, Judit (30 de maio de 2019). "El PSOE de Tui pierde la mayoría absoluta por un voto validado al PP que el domingo se contabilizó nulo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  6. Carrera, Rosa (2019-06-16). "Cabaleiro regresa a la Alcaldía de Tui 19 meses después". atlantico.net (en castelán) (publicado o 17 de xuño de 2019). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  7. Varela, Marci (9 de xuño de 2023). "El BNG garantiza que Enrique Cabaleiro siga como alcalde de Tui". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]