Enrique Blanco Cruz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 O Barco de Valdeorras, España |
Morte | 5 de maio de 2021 (78/79 anos) Almuñécar, España |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario |
Enrique Blanco Cruz, de nome artístico Miquique, nado no Barco en 1942 e finado en Almuñécar o 5 de maio de 2021, foi un sociólogo, profesor universitario, pintor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no Barco, mais emigrou a Alemaña onde desenvolveu a súa vida profesional. Licenciado en Ciencias políticas, en Medicina e Socioloxía[1], foi profesor asociado na Universidade Médica de Hannover a finais da década de 1970[1]. Nese tempo militou no SPD alemán, na súa sección de Hannover[2]. Foi tamén catedrático de Medicina social na Universidade de Ciencias Aplicadas de Frankfurt[3]. Con vínculos con Granada e coa comunidade alemá en Almuñécar, chegou a apoiar un partido político de xermanófonos nuns comicios municipais[4].
Como pintor afeccionado, foi coñecido como Miquique[5].
Obra[editar | editar a fonte]
- Von der Volkskrankheit zur Krankheit des Teufels: Volksmedizin in Peru (Vervuert, 1978). ISBN 9783921600368
- Jugendwahn und Altersangst (Athenaum, 1988). Obra colectiva con iring Fetscher, Erich Fried, Ursula Lehr, Armand Mergen, Paul Parin, Leopold Rosenmayr, Rita Süssmuth e Herausgeber Hilman Hoffman.
- Ausländerfeindlichkeit. Eine Antwort auf die Krise des Kapitalismus in Westdeutschland? (1984)
- AIDS. Ein antisexuelles Phänomen? (Manolau, 1988)
- Los curanderos, psicoterapeutas populares (1992)
- ¡Por qué los cristianos somos racistas! Xenofobia y racismo en Alemania y España (Manolau, 2002)
Novela[editar | editar a fonte]
- El odio de la envidia (Manolau, 1988)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Benito, Javier (2001-08-02). "«Cuento lo que he vivido»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-05-08.
- ↑ "Encuentro con el candidato del SPD a la alcaldía de Hannover". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2021-05-08.
- ↑ Blanco Cruz, Enrique. "Atención Europa, los nazis vuelven". Vocero Bolivariano. Publicado previamente en El Plural, 26/01/2008. Consultado o 2021-05-08.
- ↑ "Candidaturas independientes: De todo, como en botica". abc. 2019-08-28. Consultado o 2021-05-08.
- ↑ "El pintor barquense Miquique muestra su trabajo en el centro comarcal de Valdeorras". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-05-06. Consultado o 2021-05-08.