Enoplometopus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enoplometopus é un xénero de crustáceos decápodos da suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos, o único da superfamilia dos enoplometopoideos e da súa única familia, a dos enoplometópidos.[4]

Segundo o WoRMS, o xénero comprende 12 especies validamente descritas distribuídas polos arrecifes das rexións de augas cálidas do Indo-Pacífico, do Atlántico tropical e do mar Caribe.[2]

Características[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Enoplometopus encóntranse desde os arrecifes de coral, a profundidades de menos de 1 m,[5] até os arrecifes rochosos, a profundidades superiores aos 300 m.[6]

Os animais integrados neste xénero presentan unha coloración corporal brillante, con riscos, aneis ou manchas. As marcas son tipicamente de coloración avermellada, alaranxada, purpúrea ou branca. Son como lumbrigantes pequenos que, dependendo da especie, non pasan dos 10–13 cm de lonxitude. Animais nocturnos, permanecen agochados durante o día en grutas e fendas, e son de comportamento tímido. As especies poden ser identificadas pola súa coloración e a súa morfoloxía.[7]

Como consecuencia das cores vivas que exhiben, as especies pertencentes a este xénero son populares en acuariofilia, sendo obxecto dun importante comercio. As capturas sen regulación adecuada, combinadas coa destrución dos arrecifes de coral onde habitan, pode constituír unha seria ameaza para algunhas especies. Debido a incerteza sobre o impacto desas potenciais ameazas, a maioría das especies están consideradas como DD (especie con datos insuficientes) pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN); tan só a situación de dúas especies, Enoplometopus antillensis e E. occidentalis, está cualificada como LC (pouco preocupante).[8]

Os crustáceos pertencentes a este xénero distínguense dos lumbrigantes comúns, que pertencen á familia dos nefrópidos, por presentaren quelas (pinzas) completas só no primeiro par de pereiópodos, cos segundo e terceiro pares de patas apenas subquelados, isto é, co último segmento do membro a pechar por presión contra unha curta proxección do penúltimo segmento. Os lumbrigantes comúns presentan quelas nos primeiros tres pares de pereiópodos. Os machos, ao contrario do que ocorre entre os lumbrigantes, presentan un lóbo extra no segundo pleópodo, que se cre que poida ter algunha función na reprodución. Outra característica distintiva das especies pertencentes ao xénero Enoplometopus é a presenza dun suco cervical pouco profundo, suco que no caso dos lumbrigantes da familia dos nefrópidos é profundo.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Michèle de Saint Laurent (1988). "Enoplometopoidea, nouvelle superfamille de Crustacés Décapodes Astacidea". Comptes rendus de l'Académie des sciences. III 307: 59–62. 
  2. 2,0 2,1 Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no WoRMS.
  3. Hoplometopus no WoRMS.
  4. Bisby F. A., Roskov Y. R., Orrell T. M., Nicolson D., Paglinawan L. E., Bailly N., Kirk P. M., Bourgoin T., Baillargeon G., Ouvrard D. (red.) (2011). "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2011 Annual Checklist.". Species 2000: Reading, UK. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  5. T. Y. Chan & R. Wahle (2009). "Enoplometopus daumi". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  6. T. Y. Chan & R. Wahle (2009). "Enoplometopus gracilipes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  7. Helmut Debelius (2001): Crustacea: Guide to the World. Frankfurt am Main: IKAN, Unterwasserarchiv. ISBN 978-3-931702-74-8. pp. 44–54, 200–205.
  8. T. Y. Chan & R. Wahle (2009): Especies do xénero Enoplometopus na Lista vermella da UICN. Versión 2016-2. Consultada o 27 de novembro de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]