Enoplometópidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enoplometopidae»)
Enoplometópidos
Enoplometopidae

Enoplometopus antillensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Astacidea
Superfamilia: Enoplometopoidea
de Saint Laurent, 1988 [1]
Familia: Enoplometopidae
de Saint Laurent, 1988
Xénero

A dos enoplometópidos (Enoplometopidae) é unha familia de crustáceos decápodos da suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos, a única integrante da superfamilia monotípica dos enoplometopoideos.[2]

Segundo o Catalogue of Life,[2] a familia comprende apenas un xénero vivente coñecido, Enoplometopus, con polo menos 12 especies validamente descritas distribuídas polos arrecifes das rexións de augas cálidas do Indo-Pacífico, do Atlántico tropical e do mar Caribe.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A taxonomía da infraorde dos Astacidea, incluíndo o agrupamento taxonómico ao que pertence a familia dos Enoplometopidae é complexa e está a ser constantemente revisada. É xeralmente discutida a subdivisión taxonómica deste grupo de organismos no que diferentes autores a consideran un número diferente de familias e mesmo de xéneros. O xénero Hoplometopus foi considerado sinónimo do xénero Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862,[3] pasando así a familia a ser considerada como monotípica.

A clasificación sistemática aquí presentada ten como referencia a base de datos taxonómicos WoRMS na súa actualización de 2013.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michèle de Saint Laurent (1988). "Enoplometopoidea, nouvelle superfamille de Crustacés Décapodes Astacidea". Comptes rendus de l'Académie des sciences. III 307: 59–62. 
  2. 2,0 2,1 Bisby F. A., Roskov Y. R., Orrell T. M., Nicolson D., Paglinawan L. E., Bailly N., Kirk P. M., Bourgoin T., Baillargeon G., Ouvrard D. (red.) (2011). "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2011 Annual Checklist.". Species 2000: Reading, UK. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  3. Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no WoRMS.
  4. Enoplometopidae no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]