Enciclopedia de aperturas de xadrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.


A Enciclopedia de aperturas de xadrez (tamén coñecida polas súas siglas en inglés: ECO) é unha colección de libros que abordan sistematicamente as aperturas de xadrez. As xogadas foron seleccionadas entre millóns de partidas entre mestres e das análises publicadas no Informador axedrecístico desde 1966, compilados por notables xogadores de xadrez. Tanto a enciclopedia como o informador ajedrecístico publícaos a compañía serbia (antes iugoslava)Šahovski informator [1], con sede en Belgrado.

En lugar dos nomes tradicionais das aperturas, a enciclopedia desenvolveu un sistema para codificalas, que se converteu nun estándar utilizado por moitas outras publicacións. Existen 5 categorías principais (A-E), cada unha das cales divídese en 100 subcategorías.

Principais códigos ECO[editar | editar a fonte]

Véxase a lista de aperturas de xadrez para mais detalles completos

A[editar | editar a fonte]

  1. Aperturas irregulares: Cando os primeiros pasos das pezas brancas son distintos de 1.e4, 1.d4: (A00-A39).
  2. Respostas atípicas a 1.d4: 1...sin 1 ...d5, 1... Cf6: (A40-A44)
  3. Respostas atípicas a 1...Cf6: 1. d4 Cf6 2. sin 2. c4: (A45-A49)
  4. Sistemas indios atípicos: 1.d4 Cf6 2. c4 sin 2... e6, 2... g6: (A50-A79)
  5. Defensa holandesa 1.d4 f5: (A80-A99)
  6. Apertura Inglesa:1. c4 g6
  7. Apertura Bird: 1.f4

B[editar | editar a fonte]

  1. A maior parte das defensas semiabiertas: 1.e4 R' 1... e5, 1... e6, 1... c5, 1...d5, 1...c6.
  2. Defensa Escandinava: 1. e4 d5 2. exd5.
  3. Defensa Alekhine: 1.e4 Cf6.
  4. Defensa Pirc: 1.e4 d6.
  5. Defensa moderna: 1.e4 g6.
  6. Defensa Caro-Kann: 1.e4 2.c6
  7. Defensa Siciliana: 1.e4 c5.

C[editar | editar a fonte]

  1. Defensa francesa: 1.e4 e6.
  2. Aperturas de peón de rei: 1.e4 e5:.(Apertura italiana, Apertura española, Apertura Vienesa, Apertura de alfil...)

D[editar | editar a fonte]

  1. Aperturas de peón de dama: 1.d4 d5.(Gambito de dama, Apertura Veresov,...)
  2. Defensa Grunfeld: 1.d4 Cf6 2. c4 g6 d7-d5:

E[editar | editar a fonte]

  1. Sistemas indios con ...e6: 1.d4 Cf6 2. c4 e6:
  2. Sistemas indios con ...g6 (excepto a defensa Grunfeld): 1.d4 Cf6 2. c4 g6 ' d7-d5:
  3. Apertura Catalá: 1. d4 Cf6 2 c4 e6 3 g3