Apertura de xadrez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha apertura de xadrez é o grupo de movementos iniciais dunha partida de xadrez (movementos de apertura). Referímonos a secuencias recoñecidas de movementos de apertura como aperturas ou defensas, as cales teñen nomes como apertura Ruy López ou española, defensa siciliana e Gambito de Dama Declinado. Hai unha chea de aperturas diferentes, que amosan dende un xogo tranquilo posicional (por exemplo, a apertura Reti e algunhas liñas do Gambito de Dama Declinado) ata un xogo táctico e salvaxe (por exemplo, o gambito letón e a defensa dos dous cabalos, particularmente a Variación Wilkes-Barre).
Referímonos á secuencia de movementos de apertura que é considerada estándar (normalmente catalogada nunha obra de referencia como a Enciclopedia de aperturas de xadrez) como "movementos de libro" ou simplemente "libro". Estas obras de referencia normalmente empregan unha notación alxebraica simple, árboles de apertura ou táboas teóricas. Referímonos a un novo movemento na apertura como unha "novidade teórica". Cando unha partida comeza a desviarse da teoría coñecida, díse que os xogadores están "fóra do libro". Nalgunhas liñas de apertura, os movementos considerados mellores para ambos bandos resultan en vinte ou vintecinco movementos ou máis. Os xogadores de xadrez profesionais pasan anos estudando aperturas, e continúan facéndoo durante as súas carreiras, namentres a teoría de aperturas continúa a evolucionar.
[editar] Propósitos da apertura
Aínda que podemos xogar unha gran variedade de movementos na apertura, os obxectivos tras deles son, falando en términos xerais, os mesmos. En primeiro lugar, o propósito é evitar recibir xaque mate e evitar perder metarial, xusto coma nas outras fases do xogo. Porén, asumindo que ningún xogador cometa un erro na apertura, os principais obxectivos inclúen:
- Desenvolvemento: un dos propósitos fundamentais da apertura é colocar (desenvolver) as pezas en casas útiles onde terán impacto na partida. Con este fin, os cabalos desenvólvense normalmente a f3, c3, f6 e c6 (ou algunhas veces a e2, d2, e7 ou d7), e os peóns das columnas d e e dos dous xogadores móvense para que os bispos podan ser desenvolvidos (alternativamente, os bispos poden ser fianchetados cunha maniobra como por exemplo g3 e Ag2). Canto máis rápido desenvolvamos as pezas, mellor é. A dama, porén, non adoita ser xogada a unha posición central até máis tarde na partida, xa que pode ser obxectivo dos ataques inimigos, o que nos fará perder tempo.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Defensa Alekhine (Ataque dos Catro Peóns) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
- Control do centro: Ao comezo da partida, non está claro en qué parte do taboleiro imos necesitar as pezas. Entón, o control das casas centrais permite mover as pezas a calquera parte do taboleiro con relativa facilidade, e tamén pode estorbar ao opoñente. A visión clásica é que o control central lévase a cabo colocando peóns, idealmente establecendo peóns en d4 e e4 (ou e5 e d5 para as negras). Porén, a escola hipermoderna postulou que non sempre é necesario ocupar o centro deste xeito, e que unha fronte de peóns pode ser atacada e destruída. Os hipermodernos instaron a controlar o centro dende a distancia con pezas, rompendo o centro do opoñente, e tomando o centro só máis tarde na partida. Isto leva a aperturas como a Defensa Alekhine - nunha liña coma 1. e4 ♞f6 2. e5 ♞d5 3. d4 d6 4. c4 ♞b6 5. f4 (o Ataque dos Catro Peóns) o branco ten un centro de peóns formidable, pero o negro espera minalo máis tarde na partida, deixando a posición branca exposta.
- Seguridade do rei: O rei está máis exposto no centro do taboleiro. É normal tratar de enrocarse na apertura (desenvolvendo simultaneamente unha das torres).
- Debilidades de peón: A meirande parte das aperturas tratan de evitar a creación de debilidades de peón tales como peóns illados, dobrados e retrasados, illas de peóns, etc. Certas aperturas sacrifican consideracións do final de partida para obter un ataque rápido sobre a posición do opoñente. Algunhas aperturas para o negro, en particular, fan uso desta idea; por exemplo, a Holandesa e a Siciliana. Pola contra, outras aperturas, como a Alekhine ou a Benoni, invitan ao opoñente a formar debilidades de peón. Por último, outras aperturas aceptan debilidades de peón a cambio dunha compensación en xogo dinámico.
Aparte destas ideas, outros plans estratéxicos empregados no medio xogo lévanse a cabo na apertura. Estes son preparar roturas de peóns para crear contraxogo, crear debilidades na estrutura de peóns do oponente, afianzar o control das casas clave, facer intercambios favorables de pezas menores (por exemplo, gañar a parella de bispos), ou obter unha avantaxe de espazo, tanto no centro coma nos flancos.
En términos máis xerais, moitos escritores (por exemplo, Reuben Fine en The Ideas Behind the Chess Openings) comentaron que a tarefa do branco na apertura é preservar e incrementar a avantaxe obtida por mover primeiro, mentres que a tarefa do negro é igualar a contenda. Moitas aperturas, pola contra, dan ao negro a oportunidade de xogar agresivamente buscando unha avantaxe dende o comezo.
Dacordo co MI Jeremy Silman, o propósito da apertura é crear desequilibrios dinámicos entre os dous bandos. Por exemplo, na Variante Winawer da Defensa Francesa, o branco trata de usar a parella de bispos e a avantaxe de espazo para montar un ataque sobre o flanco de rei negro, mentres que o negro trata de simplificar intercambiando pezas (en particular, intercambiando un dos alfís brancos) e contraatacar contra os peóns debilitados no flanco de dama branco.
[editar] Nomenclatura da apertura
Xa na temprana historia do xadrez, a falla dunha notación axeitada fixo engorrosa a tarefa de describir os movementos de apertura dunha partida. Era natural asignar nomes a secuencias de movementos de apertura para facilitar a discusión sobre eles. A teoría de aperturas empezou a ser estudada máis cientificamente a partir da década do 1840, e moitas variacións de apertura foron descubertas e nomeadas neste período e máis tarde. Desafortunadamente, a nomenclatura da apertura desenvolveuse ao azar, de calquera xeito, e a maioría dos nomes son accidentes históricos, máis que estar baseados en algún principio sistemático.
As aperturas máis antigas adoitan ser nomeadas por lugares xeográficos. Moitas aperturas son nomeadas por nacionalidades, coma por exemplo Inglesa, Española, Francesa, Holandesa, Escocesa, Rusa, Italiana, Escandinava e Siciliana. Tamén se empregan cidades, coma Viena, Berlín e Wilkes-Barre. Os recursos máis comúns para nomear aperturas son os nomes de xogadores de xadrez. O nome que se lle dá a unha apertura non sempre é o do primeiro xogador que a adoptou. A miudo, unha apertura nomease polo xogador que a popularizou ou que publicou análises sobre ela. Nesta categoría temos a Ruy Lopez (máis coñecida como Apertura Española), Defensa Alekhine, Defensa Murphy e o Sistema Reti. Algún nome homenaxea a dúas personas, coma a Caro-Kann.
Algún nome de apertura é descriptivo, como Gioco Piano (do italiano: "xogo tranquilo"). Temos descripcións máis prosaicas, como a Apertura dos Dous Cabalos e a Apertura dos Catro Cabalos. Os nomes descriptivos son menos comúns que as aperturas nomeadas por lugares e xente.
Algunhas aperturas teñen nomes extravagantes, a menudo nomes de animais. Esta práctica fíxose común no século XX. Por entón, a meirande parte das aperturas comúns xa foron nomeadas, entón as aperturas que levan nomes extravagantes adoitan ser pouco habituais ou recentemente descubertas. Por exemplo, Orangután, Hipopótamo, Elefante e Erizo.
Ademais de Apertura, úsanse moitos termos, como por exemplo Defensa, Gambito e Variante. Termos menos habituais son Sistema, Ataque, Contraataque e Contragambito. Estes termos úsanse moi inconsistentemente. Aquí mostramos algunhas observacións xerais acerca de cómo se empregan.
Apertura
- Xunto con Variante, é o termo máis común.
Variante
- Normalmente úsase para describir unha liña dentro dunha apertura máis xeral, por exemplo a Variante do Intercambio do Gambito de Dama Declinado.
Defensa
- Sempre se refire a unha apertura elixida polo negro, como a Defensa dos Dous Cabalos ou a Defensa India de Rei.
Gambito
- Un gambito e o sacrificio dun peón. Entón, emprégase para nomear aperturas que implican o sacrificio dun ou máis peóns. Os gambitos poden ser xogados polo branco (por exemplo, Gambito de Rei) ou polo negro (Gambito Letón). O nome completo normalmente inclúe Aceptado ou Declinado, dependendo de se o oponente comeu o material ofrecido, coma no Gambito de Dama Aceptado e Gambito de Dama Declinado. Nalgúns casos, o sacrificio de material é temporal. Por exemplo, tras de 1. d4 d5 2. c4 dxc4 (o Gambito de Dama Aceptado), o branco pode recuperar o peón inmediatamente con 3. Da4+.
Contragambito
- Un gambito ofrecido en resposta a un gambito do opoñente. Por exemplo, o Contragambito Falkbeer do Gambito de Rei.
Sistema
- Un método de desenvolvemento que se pode usar contra moitas distribucións do oponente. Temos, por exemplo, Sistema Reti, Sistema Barcza e Sistema do Ourizo.
Ataque
- Algunhas veces empregado para describir unha variante agresiva ou provocadora coma o Ataque Albin-Chatard (ou Ataque Chatard-Alekhine) e o Ataque Grob, noutros casos refírese a un sistema defensivo do negro cando o adopta o branco, coma no Ataque Indio de Rei.
Unha pequena minoría de aperturas teñen como prefixo "Anti-". Estas son aperturas que tratan de evitar unha liña particular que doutro xeito estaría dispoñíbel para o oponente. Por exemplo, a Anti-Marshall (contra o Ataque Marshall na Apertura Española) e o Gambito Anti-Merano (contra a Variante Merano da Defensa Semieslava).

