Enchelycore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enchelycore

Enchelycore pardalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Muraenoidei
Familia: Muraenidae
Subfamilia: Muraeninae
Xénero: Enchelycore
(Kaup, 1856) [1]
Especies
  • Véxase o texto
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Aemasia
  • Enchelicore (inorrecto gramaticalmente)
Enchelycore anatina.

Enchelycore é un xénero de peixes angüiliformes da familia dos murénidos.[2]

Características[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Enchelycore son moreas xeralmente pequemas ou medianas. O seu corpo é alongado, xeralmente de cor parda, gris o negra e branca. A maioría teñen un tamaño que varía entre os 61 e os 91 cm, sendo a máis grande Enchelycore ramosa, que alcanza unha lonxitude media de 150 cm.[3]

Os membros do xénero caracterízanse por teren un carácter distintivo, as súas mandíbulas están curvadas, o que lles impide pechar completamente a boca, pero lles axuda na captura e suxeición das súas presas.

Algunhas especies presentan cores moi brillantes (E. pardalis, E. anatina) e marcas rechamantes (E. lichenosa).

Distribución[editar | editar a fonte]

Están presentes en todos os océanos do mundo.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

Recoñécense xeralmente 13 especies neste xénero:[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kaup J. J. (1856): "Uebersicht der Aale". Arch. Naturgeschichte v. 22 (núm. 1). pp. 41-77.
  2. 2,0 2,1 2,2 Enchelycore Kaup, 1856 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 Especies de Enchelycore en FishBase.
  4. 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8,
  • McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]