Emmy Sonnemann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmmy Sonnemann

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Emmy Göring Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Emma Johanna Henny Sonnemann Editar o valor em Wikidata
24 de marzo de 1893 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWaldfriedhof de Munique (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro , actriz de cinema , autobiógrafa Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHermann Göring (1935–1946)
FillosEdda Göring (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0351423 Musicbrainz: f34ca01a-49ee-48b0-b5f3-3d62f202ef80 WikiTree: Sonnemann-3 Find a Grave: 66220195 Editar o valor em Wikidata
Emmy Sonnemann con Hermann Göring

Emma Johanna Henny Sonnemann, nada en Hamburgo en 1893 e finada en Múnic en 1973, foi unha actriz alemá, coñecida por ser a segunda muller de Hermann Göring (1935-1946).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun xerente dunha fábrica de chocolate, pasou unha infancia despreocupada. En 1911 entrou na escola de teatro de Leopold Jessner e fíxose actriz profesional. En 1916 casou cun actor, pero o matrimonio nun durou moito. En 1922 entrou no Teatro Nacional Alemán de Weimar.

En 1932 coñeceu a Hermann Göring durante unha visita á cidade de Adolf Hitler. En 1933 por influencia de Göring, xa presidente do goberno de Prusia, entrou a formar parte do Berliner Schauspieltheater. En 1934 actuou no filme Wilhelm Tell no papel de Hedwig. O 10 de abril de 1935, data da voda entre Emmy e Göring, declarouse xornada festiva en Alemaña, e pouco despois Emmy abandonou a súa carreira teatral. En 1938 naceu a súa única filla, Edda.

Hitler mandou deter a Göring e a súa familia o 25 de abril de 1945 por alta traizón, e Emmy permaneceu arrestada ata a rendición de Alemaña. O 25 de outubro de 1945 detivérona os americanos ata o 19 de febreiro de 1946. Detida de novo o 27 de maio de 1947, acusada de enriquecemento ilícito durante o réxime nazi, e trasladada ao campo de internamento de Göggingen, condenada a un ano de traballos forzados e a incautación do 30% do seu patrimonio. Posta en liberdade en xullo de 1948 trasladouse a vivir a Múnic.

En 1967 publicou un libro de memorias.